Cromoplasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Os cromoplastos sintetizan e almacenan pigmentos tales como o [[caroteno]] laranxa, ou as [[xantofila]]s amarelas e varios outros pigmentos; e a súa cor varía dependendo dos pigmentos que contén. O principal papel evolutivo que desempeñan os cromoplastos seguramente é atraer aos animais polinizadores e dispersores de sementes coas cores rechamantes dos froitos. Os cromoplastos permiten a acumulación de grandes cantidades de compostos insolubles en auga (carotenoides) en tecidos acuosos da planta.
 
Nos [[cloroplasto]]s fotosintéticos os [[carotenoides]] tamén existen e úsanse como pigmentos accesorios na captación de luz dana [[fotosíntese]] (os principais son as clorofilas), xa que incrementan a eficacia na captación de luz nos [[fotosistemas]]. O cambio de cor das [[folla]]s en outono débese á perda das clorofilas verdes que enmascaraban os carotenoides que estaban xa presentes na folla, sen que se sinteticen cantidades importantes de novos carotenoides. Por tanto, o cambio nos pigmentos dos [[plasto]]s asociados coa [[senescencia das follas]] é diferente da conversión activa de pigmentos observada nos cromoplastos de froitos e flores.
 
Os cromoplastos orixínanse a partir da conversióntransformación de cloroplastos, que perden a clorofila e acumulan carotenoides, mais tamén poden orixinarse a partir de [[proplastos]] indiferenciados.
 
O termo cromoplasto tense usado en ocasións nun senso amplo para designar calquera tipo de plasto pigmentado, o que incluiría no termo tanto aos cromoplastos coma aos cloroplastos, para así distinguilos dos plastos non pigmentados ou incoloros, chamados [[leucoplasto]]s, como os [[amiloplasto]]s. Non obstante, o termo cromoplasto é moito máis a miúdo usado nun senso máis estrito como plasto coloreado que non contén clorofila.