Fenómeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
algunha corrección
mSen resumo de edición
Liña 3:
Un '''fenómeno''' é un [[acontecemento]] observábel<ref>New Oxford American Dictionary (2 ed.). </ref>, particularmente algo especial (literalmente "algo que pode ser visto", derivado da palabra [[Lingua grega|grega]] φαινόμενoν ''phenómenon'', 'aparencia', 'manifestación' (que á súa vez derivada de φαινομαι, 'aparecer', 'facer visíbel'); en plural, φαινόμενα ''phenómena'', é o aspecto que as cousas ofrecen ante os nosos sentidos, é dicir, o primeiro contacto que temos coas cousas, o que denominamos [[experiencia]] Como, por exemplo, na área da [[física]], os feitos observados por [[Galileo Galilei]].<ref>Jeremy Bernstein, <cite>A Theory for Everything</cite>, Copernicus, An imprint of Springer.</ref>
 
A mesma palabra fai pensar que detrás do ''fenómeno'' pode existir unha estrutura non perceptíbel directamente, que o filósofo [[Immanuel Kant]] chamou [[noúmenonóumeno]].<ref>Do grego νοούμενον, participio presente de νοέω "o que penso agora, o que entendo"; plural: νοούμενα, que representa unha especie intelíxbel ou idea e indica todo o que non pode ser percibido no mundo tanxíbel, pero que pode derivarse mediante o razoamento. O noúmenonóumeno, como concepto, funda a idea de metafísica en Platón.</ref>
 
== Fenómeno en filosofía ==
Liña 9:
Durante moito tempo valárabase como verdadeiro o que "estaba oculto" máis alá da aparencia, do ''fenómeno'', e o intento do [[coñecemento]] era "desvelar" iso oculto como [[esencia]], así como diversas clases de [[verdade]].
 
O termo '''fenómeno''' ten un sentido especial na [[filosofía]] de [[Immanuel Kant|Kant]], ao poñer en contraposición o concepto de fenómeno co de [[noúmenonóumeno]]. Os fenómenos constitúen o mundo tal como o percibimos, en oposición ao mundo tal como existe independentemente da nosa experiencia, ao que Kant chama "a cousa en si mesma" (''Das Ding an sich''). Segundo Kant, o ser humano non pode coñecer as cousas-en-si-mesmas, senón só as cousas tal como as percibe ou experimenta.<ref>O termo "filosofía" na época de Kant sería hoxe o equivalente aproximado do que chamamos "ciencia".</ref> Polo tanto, a tarefa da filosofía consiste en tratar de comprender o propio proceso da experiencia.
 
O concepto de ''fenómeno'' levou ao nacemento dunha corrente da filosofía coñecida como [[fenomenoloxía]]. Entre as figuras notábeis de dita corrente cóntanse os filósofos alemáns [[Hegel]], [[Husserl]] e [[Heidegger]], así como o francés [[Derrida]].