Proteasoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
O '''proteasoma''' ou '''proteosoma''' é un grande complexo [[proteína|proteico]] presente en todas as [[célula]]s [[Célula eucariota|eucariota]]s e [[arqueas]], así como nalgunhas [[bacteria]]s, que se encarga de realizar a '''degradación de proteínas''' (denominada '''[[proteólise]]''') que xa non son necesarias ou están danadas. Nas células eucariotas os proteasomas atópanse xeralmente tanto no [[núcleo celular|núcleo]] coma no [[citoplasma]].<ref name=Peters>{{cita publicación|autor=Peters JM, Franke WW, Kleinschmidt JA |título=Distinct 19 S and 20 S subcomplexes of the 26 S proteasome and their distribution in the nucleus and the cytoplasm |revista=J Biol Chem |volumen=269 |número=10 |páginas=7709–18 |año=1994 |mes=March |pmid=8125997 |doi= |url=http://www.jbc.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=8125997}}</ref>
Os proteasomas representan un importante mecanismo polo cal as células controlan a concentración de determinadas proteínas` por medio da degradación das mesmas.<ref name=Lodish>{{cita libro |autor=Lodish H, Berk A, Matsudaira P, Kaiser CA, Krieger M, Scott MP, Zipursky SL, Darnell J |título=Molecular cell biology |editorial=W.H. Freeman and CO |ubicación=New York |año=2004 |páginas=66–72 |edición=5th ed. |capítulo=3 |isbn=0-7167-4366-3 |fechaacceso=}}</ref>
As proteínas que deben ser degradadas son marcadas por una pequeña proteína chamada [[ubiquitina]]. Unha vez que unha destas moléculas de ubiquitina se uniu a unha proteína a eliminar, por medio do [[enzima|encima]] [[ubiquitina ligase]], agréganse máis proteínas de ubiquitina dando como resultado a formación dunha cadea de poliubiquitina que lle permite ao proteasoma identificar e degradar dita proteína.<ref name=Lodish />