Patricio Delgado Luaces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
lig int
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Escasos son os datos vitais sobre Delgado Luaces. Durante moito tempo coñeceuse a existencia da súa novela publicada con pseudónimo, citada xa na obra de [[Uxío Carré Aldao]] en [[1911]], e aínda que este alude a que coñece o nome do autor, prefire gardar o seu anonimato. Sería [[Xesús Alonso Montero]] quen dese as primeiras noticias certas sobre o autor nun artigo do ano 1970, desvelando o seu nome: ''Patricio Valentín Sisto Delgado Luaces'', que fora bautizado na cidade de [[Mondoñedo]] no [[6 de agosto]] de [[1850]], que fora capitán nunha partida [[Carlismo|tradicionalista]] que actuou durante a [[terceira Guerra Carlista]] nas terras mindonienses, por cuxa causa ingresaría como captivo no [[castelo de San Antón]] da cidade da [[Coruña]] (consonte datos posteriores sufriría cadea entre [[1875]] e [[1885]]); entéranos, por último, de que colaboraba na revista cubana ''Follas Novas'' e de que faleceu na Habana, posibelmente en marzo de 1900, segundo se deduce dunha necroloxía inserida en ''[[El Eco de LaGalicia (A Habana)|El Eco de Galicia]]'', de [[30 de marzo]] de [[1900]].
 
Da lectura da propia novela, infírese que o autor estudou no [[seminario conciliar]] da súa cidade natal; que coñecía a fondo o ambiente e as persoas de Mondoñedo e a súa comarca; que participou nas loitas políticas do último terzo do XIX (non só presenta a loita na comarca mindoniense, senón que demostra ter participado no propio País Vasco e Navarra); e que foi enviado a Cuba a loitar no exército español fronte os independentistas.