Período micénico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
Aínda que Micenas era o reino máis importante (polo menos palacios atopados) houbo outros repartidos pola Grecia continental e as illas do mar Exeo. Os principais achados destes reinos están no Peloponeso, [[Tirinto]], e [[Pilos]]. Ao norte do [[istmo de Corinto]] destacan os de Atenas, [[Orcómeno]], [[Tebas]] e [[Gla]] (estas tres últimas na [[Beocia]])
 
[[Ficheiro:Mycenae_lion_gate_dsc06382.jpg|thumb|leftright|200px|"Porta dos Leóns" de Micenas.]]
 
O aumento de poder económico e a militarización levaron por razóns defensivas a unha fase imperialista, alentada polo descubrimento e explotación de novas rotas comerciais, materias primas e mantemento de provedores e mercados. Conquistouse Creta e penetrouse na illa até poñer fin á cultura minoica. Tamén se conquistou [[Rodas]] e hai achados de presenza aquea en Chipre. Xa cara o final do período micénico, produciuse un feito dunha grande repercusión literaria, a [[guerra de Troia]] (Ilión) que quedou destruída. A partir do [[-1200|1200]] a. C. as fortalezas quedaron destruídas, caeron as monarquías asentadas nelas debido sobre de todo á invasión dos [[dorio]]s, até entón establecidos ao norte de Grecia ([[Tracia]]), aínda que algúns autores ven nesta caída sinais de desordes internos ou unha efervescencia étnica que provocou a caída do [[Imperio Hitita]]. Neste tempo se produciu unha migración masiva dos gregos ás costas occidentais de Asia Menor e Chipre. Sexa como for, ás poboacións anteriores, que con criterio lingüístico se clasifican como aqueos e [[xonio]]s, vense a engadir os dorios, no que quedou formada a familia definitiva dos que se coñece como gregos. Coincidindo máis o menos con estes trastornos étnicos, introdúcese en Grecia a metalurxia do [[ferro]], a cerámica con decoración xeométrica e certas formas relixiosas, cun desprazamento das divindades femininas por unhas masculinas e coa adopción do rito funerario da [[incineración]] en lugar da [[inhumación]].