Conservatorio de París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 1:
O '''Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de París''' (CNSMDP) é unha institución pública de carácter administrativo, que ten a súa orixe no ''Conservatoire de musique'' fundado o [[3 de agosto]] de [[1795]] (16 de thermidor, ano III) pola [[Revolución Francesa|Convención]]. O CNSMDP ofrece ensino profesional de música, danza e outras materias relacionadas.
== Historia ==
[[Luís XIV]] crea a ''Academia Real de Música'' por decreto do [[28 de xuño]] de [[1669]]. A Academia está relacionada coa Casa do Rei. Por outra banda, o Consello de Estado do rei do [[3 de xaneiro]] de [[1784]] funda a ''Escola Real de Canto e Declamación'' que se instala no ''Hôtel des menus plaisirs''. Estas dúas institucións son os primeiros signos dunha vontade de estruturar e de tomar en serio o ensino das artes dramáticas e musicais.
=== Instituto Nacional de Música ===
Á Escola Real de Canto e Declamación, a [[Revolución Francesa|Revolución]] engade unha ''Escola Municipal de Música'' ([[1792]]). A estes dous establecementos sucede, o [[8 de novembro]] de [[1793]] (18 de brumario do ano II), o primeiro bosquexo dun establecemento único adicado á formación de músicos: o ''Instituto Nacional de Música'', fundado por un decreto da Convención Nacional e dotado dun presuposto distinto, baixo a dirección de [[François-Joseph Gossec]].
=== Conservatorio de Música ===
[[Ficheiro:Paris Theatre du Conservatoire.jpg|thumb|200px|Edificio do Conservatorio (ata [[1911]]), dende aquela Teatro do Conservatorio (París).]]Apenas dous anos máis tarde, a Convención Nacional decide por unha lei do [[3 de agosto]] de [[1795]] (16 de termidor do ano III) o establecemento do Conservatorio de Música no lugar do Instituto Nacional de Música. A nova estrutura é administrada por unha xunta directiva composta por [[François-Joseph Gossec|Gossec]], [[Étienne Nicolas Méhul|Méhul]] e [[Luigi Cherubini|Cherubini]], con [[Bernard Sarrette]] no cargo de ''comisario encargado da organización''. O ensino limítase ás disciplinas instrumentais, particularmente cordas e ventos.
 
En [[1800]] [[Bernard Sarrette|Sarrette]] faise cargo da institución, e as ensinanzas do Conservatorio esténdense tamén á arte dramática e á danza. En [[1806]] [[François-Antoine Habeneck]] crea a orquestra de alumnos e ese mesmo ano, o Conservatorio pasa a chamarse ''Conservatorio de Música e Declamación'', denominación que será conservada, con algunha excepción, ata [[1934]], cando a institución será bautizada como ''Conservatorio Nacional de Música e Arte Dramático''.
=== Conservatorio de Música e Declamación ===
Pechado no tempo da [[Restauración borbónica]] debido á súa orixe revolucionaria, o Conservatorio, dende [[1816]], foi transformado na ''Escola Real de Música e Declamación'' baixo a administración dun inspector xeral, [[François-Louis Perne]]. Este troco tradúcese en reducións do número de mestres e actividades. A institución non recobrará a súa consideración ata [[1822]], cando [[Luigi Cherubini|Cherubini]] é nomeado director. No entanto, haberá que agardar ata [[1830]] para ver o nome de Conservatorio oficializado de novo.
 
Liña 16:
 
Os sucesores de [[Luigi Cherubini|Cherubini]] á fronte do Conservatorio, [[Daniel-François-Esprit Auber|Esprit Auber]] ([[1842]]-[[1871]]), [[Ambroise Thomas]] ([[1871]]-[[1896]]), [[Théodore Dubois]] ([[1896]]-[[1905]]), [[Gabriel Fauré]] ([[1905]]-[[1920]]), [[Henri Rabaud]] ([[1920]]-[[1941]]) e [[Claude Delvincourt]] ([[1941]]-[[1946]]), desenvolverán o ''Conservatorio de Música e Declamación'' a un grao que o fará un punto de referencia e excelente do ensino musical en toda a Europa. En [[1864]] fúndase o Museo de instrumentos musicais e en [[1905]], un decreto detalla a organización do Conservatorio, os nomeamentos, os tratamentos, os adiantos e as penas disciplinarias do corpo docente e administrativo, a organización dos exames, incluso a composición dos xurados de admisión. As disciplinas ensinadas amplíanse á escrita musical, a historia da música e a novos instrumentos ([[órgano (instrumento)|órgano]], [[viola]], [[clarinete]]). Os profesores son músicos ou compositores de gran prestixio, e a súa influencia marcará duraderamente a vida musical europea, mentres que os xurados do concurso se abren ás personalidades alleas á institución como ([[Claude Debussy|Debussy]], [[Maurice Ravel|Ravel]], [[Paul Dukas|Dukas]], [[André Messager|Messager]]).
=== Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de París ===
En [[1946]], as actividades de Arte Dramático do ''Conservatorio de Música e Declamación'' foron obxecto dunha reestruturación independente, separándose desta institución o [[Conservatorio Nacional Superior de Arte Dramático de París]], mentres que as actividades musicais e de danza foron reagrupadas no ''Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de París''. Esta institución tamén ten sede na cidade de [[Lyon]].
 
Baixo o impulso dos seus directores [[Marcel Dupré]] ([[1954]]-[[1956]]), [[Raymond Loucheur]] ([[1956]]-[[1962]])
e [[Raymond Gallois-Montbrun]] ([[1962]]-[[1983]]) foron ampliados os seus plans de estudo, introducindo novas disciplinas e establecendo os ''ciclos de perfeccionamento'', inaugurados con ''master classes'' impartidas polos máis grandes instrumentistas do momento ([[Mstislav Rostropóvich]], [[Christa Ludwig]], [[Wilhelm Kempf]], etc).
== Localización actual ==
[[Ficheiro:Paris parc de la villette01.jpg|thumb|200px|Parque de La Villete.]][[Ficheiro:Cnsmdp.jpg|thumb|280px|<center>O Conservatorio Nacional Superior de Musica e Danza de Paris (CNSMDP), edificio de [[Christian de Portzamparc]], inaugurado en 1990.<center>]]En [[1984]] comezou o traslado do Conservatorio á coñecida como [[w:fr:Cité de la musique|Cité de la musique]], realizada polo arquitecto [[Christian de Portzamparc]], no [[XIX Distrito de París|XIX Distrito]]. Os novos locais foron inaugurados en [[1990]] e conteñen, sobre 15.400 m2 (34.000 m2 de campus), 78 aulas, 70 estudios de traballo, 3 salas de exames e de concurso, 7 salas para orquestra, 3 salas públicas, unha sala de órgano, unha sala de arte lírica, o espazo ''Maurice Fleuret'', un centro de música electroacústica e espazos comúns. Acolle a máis de 1.200 estudantes e as súas ensinanzas están estruturadas, con 350 mestres, en 9 departamentos:
*: Disciplinas vogais (canto).
Liña 33:
*: Disciplinas coreográficas.
A tutela administrativa do Estado sobre o CNSMDP é exercida pola Dirección de Música, de Baile, de Teatro e dos Espectáculos, Subdirección da Formación Profesional e das Empresas Culturais, do Ministerio da Cultura e da Comunicación.
== Antigos alumnos destacados ==
{|
| valign="top"|
Liña 117:
::* [[Nausica Poblet Heinrich]] ([[1983]]–).
|}
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns ===
* [http://www.cnsmdp.fr/som.htm Páxina do CNSMDP] {{fr}}
* [http://www.bologna-and-music.org/home.asp?lang=es Efectos da [[Declaración de Bolonia]] na formación musical profesional en [[Europa]]]
* [http://www.aecinfo.org/ Asociación Europea de Conservatorios (AEC)]
* [http://www.culture.gouv.fr/culture/min/comite-histoire/etablissements-publ/etablissements-historique.pdf As institucións públicas do Ministerio de Cultura de Francia] (ficheiro PDF) {{fr}}
 
[[Categoría:Institucións de ensino musical]]
 
[[ca:Conservatoire de Paris]]
[[cs:Conservatoire national supérieur de musique et de danse de Paris]]
[[cy:Conservatoire de Paris]]
[[da:Conservatoire de Paris]]