Orcadas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (bot Modificado: eu:Orkadak
Sen resumo de edición
Liña 8:
O arquipélago ten por volta das 70 [[illa]]s, das cales só 20 están habitadas. A poboación total das Órcadas é de 20.000 persoas. A maior das illas do arquipélago é [[A Órcada]] (en inglés '''The Mainland'''), onde ademais está [[Kirkwall]], a capital administrativa (uns 7.000 habitantes), e a vila de [[Stromness]] (2.000 habitantes).. Dende o punto de vista [[xeoloxía|xeolóxico]] as Órcadas son illas continentais separadas de Europa e das restantes [[Illas Británicas]] durante a subida xeral do nivel do mar que se produciu no [[Plioceno]].
 
A economía do arquipélago baséase na industria de produción de [[la]], de [[carne]], de [[queixo]], de [[cervexa]], de [[whisky]]. Ademais as súas augas son ricas en xacementos [[petróleo|petrolíferos]], e son numerosas as [[plataforma petrolífera|plataformas]] que acollen nas súas proximidades.
 
== Historia ==
Liña 15:
Durante algúns anos as Órcadas conformaron un reino nórdico independente que lle declarou [[vasalaxe]] a [[Noruega]] durante o [[século X]]. A riqueza das illas manifestábase na construción da [[catedral]] de [[San Magno]] no [[século XI]], inspirada na [[Inglaterra|inglesa]] [[catedral de Durham]].
 
En [[1472]], o arquipélago pasou de mans [[Dinamarca|dinamarquesas]] a escocesas, como [[dote]] na voda da princesa [[Margarida I de Dinamarca|Margarida de Dinamarca]] co rei [[Xaime II de Escocia]]. O rei [[Cristián I de Dinamarca|Cristián I]], quen as entregou, era naquel momento soberano dun amplo territorio que se estendía por toda Escandinavia e que incluía a vella coroa norueguesa. Pero a cultura nórdica sobreviviu durante anos e o [[lingua orcadesanorn|orcadés]] (''norn'') mantívose vivo cando menos ata o século [[XVIII]]. Na actualidade fálanse o [[lingua escocesa|escocés]] e o [[lingua inglesa|inglés]].
 
== Véxase tamén ==