Cristovo Colón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 35:
Algúns investigadores -como Rodrigo Cota ou Alfonso Philippot- consideran que Colón e [[Pedro Madruga]] eran a mesma persoa<ref>http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2009/10/15/pedro-madruga-colon-persona/377491.html Faro de Vigo 2009</ref>, baseándose por exemplo en que Colón bautizou portos de América co nome de máis de 80 localidades da ría de Pontevedra, en que os nomes dos fillos de ambos os dous se chamaban igual, na similitude da comparación da letra de Colón e Pedro Álvarez (feita pola perito calígrafo e grafopsicolóxico Teresa Torres) e en que o cronista [[Francesillo de Zúñiga]] menciona xa no [[século XVI]] a Diego de Soutomaior (fillo de [[Pedro Madruga]]) como fillo de Colón.
 
Outros historiadores, como Celso García de la Riega, defenden que Colón puido nacer en [[Pontevedra]] debido a que no século XV había veciños nesta localidade con este apelido, e tamén a que Pontevedra contaba con embarcacións que facían a ruta do norte ata [[Inglaterra]] e [[FlandesFlandres]], e a do sur ata a illa de [[Sicilia]]. Este investigador afirma que Colón puido nacer en Pontevedra no ano [[1436]] ou [[1437]], e seus pais foron Domingo de Colón, O Mozo, e Susana Fonterosa.
 
== Expedicións ==