Courtney Love: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 67:
 
A traxedia na vida persoal de Love ocorreu durante o maior logro de [[Hole]] ata o momento; ''[[Live Through This]]'', gravado no outono de [[1993]] en [[Atlanta]], podía atraer moita atención, non só por ser o primeiro álbum comercial da banda, senón tamén pola coincidencia da súa aparición aos poucos días da morte de [[Kurt Cobain]]. O álbum contaba cunha nova formación, con [[Kristen Pfaff]] no baixo e [[Patty Schemel]] na batería; [[Jill Emery]] e [[Caroline Rue]] deixaran o grupo en [[1992]]. Menos de dous meses despois do lanzamento do disco, o [[16 de xuño]], Kristen Pfaff morreu dunha suposta sobredose de heroína. Love recrutaría entón á baixista de 22 anos [[Melissa Auf der Maur]] para a xira que irían empezar. Durante os meses previos a esta xira, Love raramente apareceu en público.
[[File:Courtneylovecarnegiehall2009.jpg|thumb|250px]]
 
As actuacións de Hole en 1994 e 1995 destacaron polo estado emocional de Love nesa época, alterando algunhas das letras da cancións, dedicándolle temas a Cobain e a Pfaff, provocando aos seareiros, lanzando guitarras á audiencia, ou poñéndose a berrar no escenario. Moitos seguidores descontentos de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]], partidarios da teoría que dicía que Love asasinara a Cobain, chegaron a lanzarlle cartuchos de escopeta ao escenario.
 
O carácter dramático da xira saiu á luz pública o [[4 de xullo]] de [[1995]] mentres tocaba no [[Lollapalooza]], Love pegou á cantante de [[Bikini Kill]], [[Kathleen Hanna]], na cara, despois de tirarlle un cigarrillo encendido. Hanna ao parecer fixera unha broma sobre a filla de Love disparándose nun armario. Despois do incidente, Hanna presentou cargos, e Love declarouse culpable e asistiu a clases para controlar a súa ira.
 
A pesar das traxedias recentes na vida de Love e á emocional xira, ''[[Live Through This]]'' foi un enorme éxito comercial e de crítica. ''Spin'' e ''Village Voice'' declarárono álbum do ano e no mes de novembro foi certificado ouro, e en abril de [[1995]] chegaría a ser platino.
 
Os temas do álbum tratan do embarazo, a violación, as relación de conformidade, o abuso a nenos e o suicidio. ''Live Through This'' foi declarado un dos mellores álbum de todos os tempos pola revista ''Rolling Stone'' na súa lista dos 500 mellores álbum aparecida no [[2003]].
 
{{Hole}}