Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
Redactada na súa maior parte por [[Thomas Jefferson]], a Declaración é unha exposición formal das razóns polas que o Congreso votara a favor da independencia de Gran Bretaña o 2 de xullo, máis dun ano antes de que comezase a [[Revolución Americana]]. O nacemento dos Estados Unidos de América —[[Día da Independencia]]— celébrase o día 4 de xullo, data na que o Congreso aprobou o texto da Declaración.
 
Como xustificación da independencia dos Estados Unidos, o documento enumera as reivindicacións das colonias diante do rei [[Xurxo III do Reino Unido|Xurxo III]] e esixe o recoñecemento de certos dereitos naturais, entre os que figura o dereito a facer a revolución. Unha vez que cumpriu o seu cometido de anunciar a independencia, o texto caeu temporalmente no esquecemento tralo fin da guerra, pero foi cobrando relevancia co paso dos anos, sobre todo a súa segunda oración, que constitúe unha proclamación xeral dos dereitos humanos individuais e écontén, a dicir dalgúns, “unha das oracións máis coñecidas en lingua inglesa” <ref>Lucas, "Justifying America", 85.</ref> ou mesmo “as verbas máis poderosas e importantes da historia dos Estados Unidos” <ref>Ellis, ''American Creation'', 55–56.</ref>:
 
{{Cita|Sostemos por evidentes estas verdades: que todos os seres humanos son creados iguais; que son dotados polo seu creador de certos dereitos inalienables, entre os que se atopan a vida, a liberdade e a procura da felicidade.}}