Diferenzas entre revisións de «Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América»

En cada etapa destas opresións pedimos reparación nos termos máis humildes, sen que as nosas solicitudes fosen respondidas máis ca con novas inxurias. Un príncipe cuxo carácter está deste xeito marcado polos actos propios dun tirano non é digno de gobernar un pobo libre.<br />
Tampouco deixamos de dirixirnos aos nosos irmáns británicos. Advertímoslles de cando en vez dos intentos por parte da súa lexislatura de estender sobre nós unha xurisdición inxustificada. Lembrámoslles as circunstancias da nosa emigración e establecemento nestas terras. Apelamos ao seu innato sentido da xustiza e a súa magnanimidade, e conxurámolos en virtude dos nosos vínculos de parentesco a repudiar estas usurpacións, que acabarían por interromper irremediablemente as nosas relacións e correspondencia. Tampouco eles quixeron escoitar a voz da xustiza e a consanguinidade. Debemos, polo tanto, convir na necesidade de anunciar a nosa separación e consideralos, coma ao resto da humanidade, inimigos na guerra e amigos na paz.<br />
Polo tanto, nós, os representantes dos Estados Unidos de América, convocados en Congreso Xeral e reunidos en asemblea, apelando ao Xuíz Supremo do mundo pola rectitude das nosas intencións e no nome e pola autoridade do bo pobo destas colonias, proclamamos solemnemente que estas Colonias Unidas son, e han de ser por dereito, estados libres e independentes; que quedan libres de toda lealdade á coroa británica e que toda vinculación política entre elas e o estado de Gran Bretaña queda e ha de quedar totalmente disolta; e que, como estados libres e independentes, teñen pleno poder para declarar a guerra, firmar a paz, concertar alianzas, establecer orelacións comerciocomerciais e levar a cabo todos os actos aos que teñen dereito os estados independentes. E en apoio desta declaración, confiando firmemente na protección da divina providencia, empeñamos as nosas vidas, as nosas facendas e a nosa sagrada honra.}}
 
==Notas==
Usuario anónimo