Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 19:
 
==Texto==
As primeiras palabras da Declaración establecen como unha cuestión de [[Lei natural|dereito natural]] a capacidade das persoas de acadar a independencia política, e recoñece que as bases de tal independencia deben ser razoables e, polo tanto, explicables e explicadas.
 
{{Cita|Cando no curso dos acontecementos humanos se fai necesario para un pobo disolver os vínculos políticos que o unen a outro e ocupar entre as nacións da terra o lugar separado e igual ao que as leis da natureza e do deus desa natureza lle dan dereito, o respecto honorable polo xuízo da humanidade esixe que expoña os motivos que o levan a esa separación.}}
Liña 25:
A seguinte sección, o ben coñecido preámbulo, contén os principios esenciais da Declaración. Constitúe ao mesmo tempo unha proclamación do que se coñece como “dereito á revolución”, que, en esencia, vén a dicir que cando un goberno viola certos dereitos fundamentais das persoas, estas teñen o dereito de “reformar ou abolir” ese goberno.
 
{{Cita|Sostemos por evidentes estas verdades: que todos os seres humanos son creados iguais; que son dotados polo seu creador de certos dereitos inalienables, entre os que se atopan a vida, a liberdade e a procura da felicidade; que para garantir estes dereitos se institúen entre os homes os gobernos, que derivan os seus poderes lexítimos do consentimento dos gobernados; que cando unha forma de goberno se volve destrutora destes principios, o pobo ten dereito a reformala ou abolila e establecer un novo goberno fundado sobre os devanditos principios e a organizar os seus poderes do xeito que consideren máis favorable para a súa seguridade e felicidade.
 
A prudencia, de certo, aconsellará que non se cambien por motivos leves e transitorios gobernos consolidados; e, tal e como ten demostrado a experiencia, a humanidade está máis disposta a sufrir, mentres os males resulten tolerables, ca a facerse xustiza abolindo as formas ás que están afeitos. Mais cando unha longa serie de abusos e usurpacións, dirixida invariablemente ao mesmo obxectivo, revela o designio de someter ao pobo a un [[despotismo]] absoluto, e o seu dereito e o seu deber derrocar ese goberno e procurar nova protección para a súa seguridade futura.}}
Liña 63:
Tampouco deixamos de dirixirnos aos nosos irmáns británicos. Advertímoslles de cando en vez dos intentos por parte da súa lexislatura de estender sobre nós unha xurisdición inxustificada. Lembrámoslles as circunstancias da nosa emigración e establecemento nestas terras. Apelamos ao seu innato sentido da xustiza e a súa magnanimidade, e conxurámolos en virtude dos nosos vínculos de parentesco a repudiar estas usurpacións, que acabarían por interromper irremediablemente as nosas relacións e correspondencia. Tampouco eles quixeron escoitar a voz da xustiza e a consanguinidade. Debemos, polo tanto, convir na necesidade de anunciar a nosa separación e consideralos, coma ao resto da humanidade, inimigos na guerra e amigos na paz.<br />
Polo tanto, nós, os representantes dos Estados Unidos de América, convocados en Congreso Xeral e reunidos en asemblea, apelando ao Xuíz Supremo do mundo pola rectitude das nosas intencións e no nome e pola autoridade do bo pobo destas colonias, proclamamos solemnemente que estas Colonias Unidas son, e han de ser por dereito, estados libres e independentes; que quedan libres de toda lealdade á coroa británica e que toda vinculación política entre elas e o estado de Gran Bretaña queda e ha de quedar totalmente disolta; e que, como estados libres e independentes, teñen pleno poder para declarar a guerra, firmar a paz, concertar alianzas, establecer o comercio e levar a cabo todos os actos aos que teñen dereito os estados independentes. E en apoio desta declaración, confiando firmemente na protección da divina providencia, empeñamos as nosas vidas, as nosas facendas e a nosa sagrada honra.}}
 
 
==Notas==