Institución Libre de Enseñanza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: ca, es
mSen resumo de edición
Liña 1:
A "'''Institución Libre de Enseñanza'''" (ILE) foi unha institución de ensino que se fundou en [[España]] no ano [[1876]] por un grupo de catedráticos ([[Francisco Giner de los Ríos]] entre outros), separados da Universidade con motivo da súa defensa da liberdade de cátedra en tempos nos que en España se quería axustar o ensino a normas dogmáticas. A súa separación obrigounos a seguir o ensino á marxe da estructura estatal, creando un centro educativo privado, orientado en principio ó ensino universitario e logo ó primario e secundario.
 
Participantes destacados foron Giner, [[Joaquín Costa]], Augusto González de Linares, Hermenegildo Giner, [[Federico Rubio]], Gumersindo de Azcárate ou [[Nicolás Salmerón]].