Principio: Diferenzas entre revisións
páxina de homónimos
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{homónimos}} A palabra '''pricipio''', derivada do latín ''principium'' ('comezo', 'primeira parte'), que á súa vez deriva do elemento ''prim-'', de ''primus, ..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 8 de maio de 2011 ás 13:23
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
A palabra pricipio, derivada do latín principium ('comezo', 'primeira parte'), que á súa vez deriva do elemento prim-, de primus, -a, -um ('o primeiro', 'o que vai en primeiro lugar', ou 'o máis importante') e o elemento cap(i)-, de capere ('tomar', 'coller'), polo que literalmente principium é 'o que se toma en primeiro lugar', ou 'o máis importante'.
Un principio é, comunmente, un hábito ou costume ("por principio") ou un razoamento que serve de punto de partida. Principio significa, en xeral, o comezo ou a causa de algún fenómeno. Tamén pode ser definido como a causa primaria, o momento, o lugar ou treito en que algo, unha acción ou u coñecemento, ten a súa orixe.
Pero en diferentes ámbitos ten significados direntes.
- O principio é unha noción de filosofía. Véxase Principio (filosofía).
- O principio é, en física (e noutras ciencias) unha lei admitida sen demostración teórica, só pola vía experimental. Véxase Principio (física).
- En farmacoloxía, un principio activo, ou simplemenhte principio, é unha molécula que produce, nun medicamento, a súa acción farmacodinámica. Véxase Principio activo.
- En xeral, un principio é unha verdade xeral e fundamental: lei, doutrina ou hipótese sobre a cal outras se basean, ou se derivan dela. A diferencia dunha lei que é precisa e provisional, un principio ten un percorrido máis longo, é dicr, é intemporal.