Edward Zwick: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Actor |nome = Edward Zwick |imaxe = Edward Zwick by Bridget Laudien.jpg |imaxetamaño = Edward Zwick no 2008 |textoimaxe = |nomecompleto = Edward M. Zwick |datadenacemento = [[8 d..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de maio de 2011 ás 12:02

Modelo:Actor Edward Zwick nado o 8 de outubro de 1952 é un director e produtor de cinema estadounidense recoñecido polos seus filmes de temática bélica. Foi descrito como un retorno a unha época anterior, un director moi cerebral, cuxos filmes sempre contan con personaxes totalmente redondeadas, cuestións morais difíciles e temas que se desenvolven na ambigüidade da autoridade. Traballou nunha gran cantidade de filmes para a televisión e para o cinema, sendo nomeado dúas veces nos Globos de Ouro. Como produtor conseguirá o seu maior éxito co filme Shakespeare in Love, que será galardoada co Oscar ó mellor filme no ano 1999

Traxectoria

Zwick naceu en Chicago, Illinois. É fillo de Ruth Ellen (nada Reich) e Allen Zwick. Traballou de aprendiz no Festival da Academia de Lake Forest. Posteriormente graduouse na Universidade de Harvard e recibiu a bolsa «Rockefeller Fellowship» para estudar en Europa.

Nos anos setenta acudiu American Film Institute e en 1976 roda a curtametraxe Timothy and the Angel que gañou o primeiro premio no certame de estudantes no Festival de Chicago. Isto levouno a escribir e dirixir algúns episodios da serie Family.

En 1980 recibe o seu primeirp nomeamente ó Emmy polo seu traballo de produtor na serie Family. Tres anos máis tarde dirixe, prodce e co-escribe o telefilme Special Bulletin, polo cal obtivo dous Premios Emmy e un nomeamento como mellor director.

En 1986 debuta no cinema con About Last Night..., un filme romántico con Demi Moore e Rob Lowe. En 1989 fai un dos seus traballos máis reputados, Glory, pola cal recibe un nomeamento ós Globos de Ouro ó mellor director.

Filmografía

Véxase tamén

Ligazóns externas