Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Sen resumo de edición
Liña 11:
 
A miúdo, para protexer os dereitos de individuos e grupos marxinados, apélase ás palabras máis coñecidas da Declaración, que moitos consideran hoxe como a norma moral á que deben aspirar os Estados Unidos. Así o entendía [[Abraham Lincoln]], que consideraba este texto como a base fundamental sobre a que se asentaba a súa filosofía política e sostiña que nel están contidos os principios que deben guiar a interpretación da [[Constitución dos Estados Unidos|Constitución de 1787]].
 
((Cita|Señor, créame cando digo que non hai no imperio británico outro home que ame máis sinceramente ca min a unión con Gran Bretaña. Pero, polo Deus que me creou, prefiro deixar de existir antes ca aceptar este vínculo nos termos que propón o Parlamento Británico; e coido que nisto expreso o sentir de todos os americanos.))
[[Thomas Jefferson]], 29 de novembro de 1775.
 
Cando se aprobou a Declaración de Independencia en xullo de 1776, as trece colonias e Gran Bretaña levaban en guerra máis dun ano. As relacións entre ambas partes comezaran a deteriorarse en 1763, trala [[Guerra dos Sete Anos]], cando o [[Parlamento Británico]] autorizou unha serie de medidas destinadas a incrementar os tributos procedentes das colonias, co fin de que estas contribuísen a liquidar a enorme débeda contraída polo goberno durante o conflito. Entendía o Parlamento que estas medidas, tales como a [[Lei Stamp]] de 1765 ou as [[Leis Townshend]] de 1767 eran un medio lexítimo para forzar ás colonias a asumir parte do custo que supoñía a súa permanencia no Imperio. Para moitos colonos, en cambio, dado que os seus territorios carecían de representantes no Parlamento, este non tiña dereito a esixirlles o pago de impostos.
 
Esta discrepancia non era máis ca unha mostra das diferenzas de maior calado en torno á interpretación das leis británicas e a autoridade que posuía o Parlamento nas colonias. Desde a [[Revolución Gloriosa]] de 1688, a visión británica máis ortodoxa sostiña que o Parlamento era a autoridade suprema en todo o Imperio, polo que calquera das súas decisións era por forza constitucional. Nas colonias entendíase, sen embargo, que as leis da metrópole recoñecían certos dereitos fundamentais que ningún goberno —nin tampouco o Parlamento— podía conculcar. Trala aprobación das Leis Townshend, algúns intelectuais mesmo comezaron a pór en dúbida que o Parlamento tivese xurisdición algunha nas colonias. Adiantándose aos acordos sobre os que se construiría moito despois a ''Commonwealth'' británica, autores como [[Samuel Adams]], [[James Wilson]] ou Thomas Jefferson afirmaban que o Parlamento tiña poder unicamente en Gran Bretaña, e que as colonias, que contaban coas súas propias asembleas lexislativas, estaban só conectadas co resto do Imperio a través da súa lealdade á Coroa<ref>Middlekauff, ''Glorious Cause'', 241–42. Entre os escritos en cuestión figuran os seguintes: ''Considerations on the Authority of Parliament'', de Wilson, "[[A Summary View of the Rights of British America]]", de Jefferson, (ambos de 1774) e a [[Massachussetts Circular Letter|Circular de Massachusetts]] de Samuel Adams (de 1768).</ref>.
 
 
==Notas==