Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 4:
Redactada na súa maior parte por [[Thomas Jefferson]], a Declaración é unha exposición formal das razóns polas que o Congreso votara a favor da independencia de Gran Bretaña o 2 de xullo, máis dun ano antes de que comezase a [[Revolución Americana]]. O nacemento dos Estados Unidos de América —[[Día da Independencia]]— celébrase o día 4 de xullo, data na que o Congreso aprobou o texto da Declaración.
 
Como xustificación da independencia dos Estados Unidos, o documento enumera as reivindicacións das colonias diante do rei [[Xurxo III do Reino Unido|Xurxo III]] e esixe o recoñecemento de certos dereitos naturais, entre os que figura o dereito a facer a revolución. Unha vez que cumpríucumpriu o seu cometido de anunciar a independencia, o texto caeu temporalmente no esquecemento tralo fin da guerra, pero foi cobrando relevancia co paso dos anos, sobre todo a súa segunda oración, que constitúe unha proclamación xeral dos dereitos humanos individuais e é, a dicir dalgúns, “unha das oracións máis coñecidas en lingua inglesa” <ref>Lucas, "Justifying America", 85.</ref> ou mesmo “as verbas máis poderosas e importantes da historia dos Estados Unidos” <ref>Ellis, ''American Creation'', 55–56.</ref>:
 
{{Cita|Sostemos por evidentes estas verdades: que todos os seres humanos son creados iguais; que son dotados polo seu creador de certos dereitos inalienables, entre os que se atopan a vida, a liberdade e a procura da felicidade.}}
Liña 12:
A miúdo, para protexer os dereitos de individuos e grupos marxinados, apélase ás palabras máis coñecidas da Declaración, que moitos consideran hoxe como a norma moral á que deben aspirar os Estados Unidos. Así o entendía [[Abraham Lincoln]], que consideraba este texto como a base fundamental sobre a que se asentaba a súa filosofía política e sostiña que nel están contidos os principios que deben guiar a interpretación da [[Constitución dos Estados Unidos|Constitución de 1787]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
[[Categoría:Historia]]
[[Categoría:Historia dos Estados Unidos de América]]
 
{{seniw}}