Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A '''Declaración de Independencia dos Estados Unidos''' é un texto aprobado polo Congreso Continental o 4 de xullo de 1776 no que se anuncia que as trece colonias que se at..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de maio de 2011 ás 15:07

A Declaración de Independencia dos Estados Unidos é un texto aprobado polo Congreso Continental o 4 de xullo de 1776 no que se anuncia que as trece colonias que se atopaban naquel momento en guerra con Gran Bretaña pasaban a constituírse en estados independentes, deixando, polo tanto, de formar parte do imperio británico. Redactada na súa maior parte por Thomas Jefferson, a Declaración é unha exposición formal das razóns polas que o Congreso votara a favor da independencia de Gran Bretaña o 2 de xullo, máis dun ano antes de que comezase a Revolución Americana. O nacemento dos Estados Unidos de América —Día da Independencia— celébrase o día 4 de xullo, data na que o Congreso aprobou o texto da Declaración.

Como xustificación da independencia dos Estados Unidos, o documento enumera as reivindicacións das colonias diante do rei Xurxo III e esixe o recoñecemento de certos dereitos naturais, entre os que figura o dereito a facer a revolución. Unha vez que cumpríu o seu cometido de anunciar a independencia, o texto caeu temporalmente no esquecemento tralo fin da guerra, pero foi cobrando relevancia co paso dos anos, sobre todo a súa segunda oración, que constitúe unha proclamación xeral dos dereitos humanos individuais:

Sostemos por evidentes estas verdades: que todos os seres humanos son creados iguais; que son dotados polo seu creador de certos dereitos inalienables, entre os que se atopan a vida, a liberdade e a busca da felicidade.

Deste fragmento tense dito que é “unha das oracións máis coñecidas en lingua inglesa” [1] ou mesmo que son estas “as verbas máis poderosas e importantes da historia dos Estados Unidos” [2].

  1. Lucas, "Justifying America", 85.
  2. Ellis, American Creation, 55–56.