Diferenzas entre revisións de «Navia (deusa)»

m
sen resumo de edición
(interwiki)
m
'''Navia''' ou '''Nabia''' é unha das deidades galaicas máis testemuñadas, cunha vintena de epígrafes documentando o seu culto nunha área que inclúe a [[Galaicos]] e [[Lusitanos]].
 
== Historia e características ==
Nabia era a deus dos [[río]]s e da [[auga]] na mitoloxía galaica e lusitana. O ríos Navia e Navea en [[Galiza]], e o río Neiva, preto de [[Braga]] (antiga capital da [[Gallaecia]]), foron bautizados na súa homenaxe. Navia era especialmente adorada entre os [[Brácaros]], tal como é comprobado polas inscricións epigráficas en lingua céltica da [[Fonte do Ídolo]] en [[Braga]] ([[Bracara Augusta]]) e latina de Marecos (Penafiel).
 
Aínda que a interpretación maioritaria defende un carácter fluvial/acuático para Navia, apoiaría esta interpretación a existencia de hidrónimos modernos como Navia, Navea, ou os antigos ''Nabalia'' ([[río Eck|Eck]], afluente do [[río Rhin|Rhin]]), ''Navaeus'' ([[río Naver]], en [[Escocia]]), ''Navesbia'' (actual [[río Naseby]], en [[Northants]]) ou ''Nabarcos'' ([[río Neber]], en [[Gran Bretaña]]). Autores como García-Albalat explicaron o vencello de Nabia cos ríos a partir da concepción céltica da auga como elemento característico do acceso ao máis aló: desde esta perspectiva, Nabia sería unha divindade soberana facilitadora do acceso ao alén a través da auga. Con todo, interpretacións recentes permiten redefinir a perspectiva tradicional dunha mera divindade fluvial.
 
==ReferenciasVéxase tamén==
=== Bibliografía ===
* Coutinhas, José Manuel - ''Aproximação à identidade etno-cultural dos Callaici Bracari''.Porto. 2006.
* García Fernández-Albalat, Blanca - ''Guerra y Religión en la Gallaecia y la Lusitania Antiguas''. A Coruña. 1990.
* Olivares Pedreño, Juan Carlos - ''Los Dioses de la Hispania Céltica''. Madrid. 2002.
 
 
[[Categoría:Cultura castrexa]]
44.105

edicións