Post-rock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: sk:Post-rock
Beninho (conversa | contribucións)
m amplío de en.wiki
Liña 13:
O '''post-rock''' é un subxénero do [[rock alternativo]] caracterizado polo uso de instrumentos comunmente asociados á música [[rock]], pero utilizando ritmos, harmonías, timbre e progresións de acordes que non soen atoparse neste tipo de música. Os músicos post-rock soen producir música instrumental.
 
== Historia e características ==
[[Don Caballero]] e [[Tortoise]] estaban entre as bandas máis prominentes que se describiron como post-rock nos anos 90, pero os seus estilos eran moi diferentes, a pesar de ser bandas instrumentais que se centraban nas guitarras e nas baterías. Debido a estas diferencias entre as distintas bandas do mesmo "xénero", moitos sosteñen que o uso do termo non é axeitado para falar4 de todos estes grupos.
 
Liña 41 ⟶ 40:
 
Algúns grupos relativamente "comerciais" como [[Yourcodenameis:milo]] e [[Hope Of The States]] adoptaron o enfoque compositivo de bandas como [[Mogwai]]. Porén, o movemento non foi demasiado influinte no ''mainstream''. Bandas como Akira, Red Sparowes e Agents in Panama seguen sendo parte do ''underground''. Cabe destacar o recoñecemento recibido de certas bandas como a islandesa [[Sigur Rós]], [[Explosions in the Sky]], [[Pelican]], [[I'msonic Rain]] e [[Mono (grupo musical)|Mono]], cuns niveis de popularidade que foron medrando nos últimos anos.
 
== Características ==
O son post-rock incorpora características dunha ampla variedade de xéneros musicais, como ambient, [[jazz]], [[música electrónica|electrónica]] ou [[música experimental|experimental]]. Os primeiros grupos de post-rock amosaban tamén unha grande influencia do [[krautrock]] dos 70, particularmente ao coller prestado o "motorik", o característico ritmo deste xénero.
 
As composicións post-rock adoitan a usar repeticións de motivos musicais e cambios sutís cunha gama moi ampla de dinámica. Nalgúns aspectos, isto é semellante á música de [[Steve Reich]], [[Philip Glass]] e [[Brian Eno]], pioneiros do [[minimalismo]]. Tipicamente, as pezas post-rock son longas e instrumentais, contendo construccións repetitivas de timbre, dinámica e textura.
 
== Véxase tamén ==