Diferenzas entre revisións de «Club Deportivo Arquitectura»

sen resumo de edición
As orixes do clube remóntanse á década dos anos 30, na Escola Superior de Arquitectura de [[Madrid]]. En [[1931]] xurdiu o primeiro equipo de rugby dos alumnos desta facultade, que se proclamou campión universitario naquel mesmo ano. Ata a fundación do clube, foron 19 os títulos universitarios acadados polo equipo da Facultade de Arquitectura. [[1963]] foi o primeiro ano no cal o equipo se federou, nunha progresión de crecemento que levou á fundación do actual Club Deportivo Arquitectura en [[1970]].
 
Na tempada 1971/72, o equipo logrou o ascenso para competir na [[Liga Española de rugby|División de Honra]], da cal non descendería ata a tempada 1997/98, acadando polo camiño 9 títulos de liga, nos anos 1974, 1975, 1977, 1981, 1982, 1986, 1988, 1990 e 1995. Tamén foi subcampión 4 veces, nos anos 1973, 1976, 1978 e 1987. Ningún outro equipo en España ten mais títulos de liga que o CD Arquitectura.
 
Tralo descenso, CD Arquitectura volveu a xogar na máxima categoría durante as tempadas 1999/2000 e 2004/2005, quedándo na última posición ámbalas dúas veces, co resultado do descenso a [[División de Honra B de Rugby|División de Honra B]].
 
En total o CD Arquitectura disputou 29 tempadas na [[Liga Española de rugby|División de Honra]] do rugby español, dato no cal só é superado por [[UE Santboiana]] con 42 e por [[CRC Madrid]] con 31.
 
Na tempada 2010-11 o equipo rematou a tempada 7º na clasificación final do Grupo 2 da [[División de Honra B]] polo que tivo que defender a súa praza na categoría nunha eliminatoria fronte a un equipo da [[Primeira División Nacional|Primeira Nacional]], o [[Eibar Rugby Taldea|Eibar RT]], sendo o resultado final a prol do CD Arquitectura, que na tempada 2011-12 competirá de novo na [[División de Honra B]].
76

edicións