Monte Porreiro, Mourente, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m outroshomónimos
lig int
Liña 11:
'''Monte Porreiro''' é un lugar da parroquia de [[Mourente, Pontevedra|Mourente]]. É un barrio urbano da cidade de [[Pontevedra]], e é parroquia relixiosa de seu desde finais do [[século XX]], sendo o seu patrón o Bo Pastor.
 
Este barrio está no noroeste da cidade e linda polo norte e o oeste co [[Río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]] e as rúas que o bordean, co leste coa parroquia de [[Mourente, Pontevedra|Mourente]] e co sur, co barrio da Seca.
 
Comezou a súa urbanización na década de 1970 coa construción duns chalés na rúa Reino Unido, á que seguiron modernas torres ladeira arriba. En 20 anos, aquilo pasou de ser uns campos de cultivo e pastos a unha cidade dormitorio moi preto do núcleo urbano.