Sempre Xonxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
→‎A produción: arranxos da lingua
Liña 63:
Entre versión e versión, Chano Piñeiro comezou a buscar as localizacións do filme. Atopounas en Santa Olaia de Valdeorras. Esta aldea sería a vila de Trasdomonte na ficción.
 
O papel de Xonxa foi interpretado por [[Uxía Blanco]], un papel que a colocaría coma a máis importante actriz do incipiente panorama audiovisual galego, lugar que aínda ocupa na actualidade. Miguel Ínsua encarnou a Birutas, mentres Xavier R. Lourido fixo de Pancho. Sen dúbida unha das interpretación máis salientablesalientables caeu no haber de [[Roberto Vidal Bolaño]] como o mestre da vila. Tamén participaron no filme actoresactrices da talla de [[Aurora Redondo]] e de [[Loles León]]. Tamén figurou o fotógrafo [[Manuel Ferrol]] que se interpretou a si mesmo e no cal Piñeiro fixo toda unha homenaxe ós fotógrafos populares que retrataron a Galicia emigrante.
 
A rodaxe de ''Sempre Xonxa'' estivo ateigada de dificultades. Chano Piñeiro esperaba contar co apoio do Ministerio de Cultura, que lle negou ata tres veces a subvención. As dificultades financeiras trabaron a produción e esgotaron a Chano Piñeiro. Só se continuou cando conseguiu o patrocinio da Consellería de Cultura da [[Xunta de Galicia]] (dise que grazas á influencia do [[Xosé Luis Barreiro]], vicepresidente do goberno galego, amigo de Piñeiro e forcarense coma élel), da Deputación de Pontevedra e da Comisión do V Centenario da descuberta de América.
 
Con todo, a produción presentaba complexidades que Chano Piñeiro non calibrou axeitadamente. Para empezar, tivo que alongar a rodaxe máis do necesario para poder rodar nas distintas estacións do ano. Ademais, o seu dominio da produción cinematográfica aínda non era o suficiente para afrontar a realización, o cal supuxo máis demoras.
 
==Notas==