Grisóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
algo de historia desde a wiki es
Liña 46:
O cantón limita ao norte co principado de [[Liechtenstein]] e coa república de [[Austria]], ao sueste coa república de [[Italia]], ao nordés cos cantóns de [[Cantón de San Galo|San Galo]] e [[cantón de Glarus|Glarus]], ao noroeste co cantón de [[cantón de Uri|Uri]] e ao suroeste co cantón do [[cantón do Tesino|Tesino]]. A capital é [[Coira, Suíza|Coira]] (''Chur''). As universalmente coñecidas cidades de [[Klosters-Serneus|Klosters]], [[Davos]] e [[Sankt Moritz]] atópanse tamén no cantón dos Grisóns, destacándose o val oriental da [[Engadina]] como a zona que en territorio suízo mantén o ambiente máis natural.
 
== Historia ==
Gran parte do territorio do cantón foi na antigüidade parte da [[provincia romana]] chamada ''[[Recia]]'', que foi fundada o ano [[-15|15 a. C.]] Esta rexión formou parte logo da diocese de [[Coira]].
 
En [[1367]] fundouse a [[Liga da Casa de Deus]] (''Ca' di Dio'', ''Cadi'', ''Gottes Haus'') co fin de resistir contra o crecente poder do bispo de Coira. Nesta data creouse outra liga, a [[liga Gris]] (''Grauer Bund'') ou tamén ''Oberbund'' en [[1395]] no val do [[río Rin]]. O nome de liga gris derívase da vestimenta gris da poboación autóctona, referencia que deu nome logo ao cantón. En [[1436]] fundouse unha terceira liga, a Liga das Dez Administracións (''Zehngerichtebung''), polos habitantes do ex condado de [[Toggenburg]].<ref>O condado "independizouse" tras a extinción da dinastía dos Toggenburg.</ref>
 
O primeiro paso cara á constitución cantonal deuse cando a Liga das Dez Administracións aliouse coa liga da Casa de Deus en [[1450]]. En [[1471]] as dúas ligas aliáronse coa Liga Gris.
 
Coa extinción da dinastía dos Toggenburg, os [[Habsburgo]] herdaron en [[1496]] as posesións dos Toggenburg, o que contribuíu a que as tres ligas se aliasen coa Confederación Suíza. Os Habsburgo foron derrotados en dúas ocasións, o que axudou a confederación, e ás ligas aliadas do cantón de Grisóns que foron recoñecidas.
 
Os últimos restos da xurisdición do bispo de Coira foron abolidos en [[1526]]. Os territorios do cantón pasaron a formar parte da [[República Helvética]], pero só foi en [[1803]] que o territorio foi declarado cantón. A constitución cantonal data de [[1892]].
==Notas==
{{listaref}}
{{Cantóns de Suíza}}