Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-05-2011/Encontros»

arranxiños menores; dou fe do dito :)
(crónica pendente de revisar polos participantes)
 
(arranxiños menores; dou fe do dito :))
<noinclude>{{Wikipedia:Xornal da Galipedia/Cabeceira|||}}</noinclude>
 
{{Wikipedia:Xornal da Galipedia/Comezo|O Clásico español segúnsegundo Galipedia|Por [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]]|1 de maio de 2011}}
 
Aproveitando as vacacións de [[Semana Santa]] fixemos un pequeno encontro en [[Pontevedra]] o pasado día 20 de abril, descubrimos algúns recunchos da cidade e puxemos ''a caldo'' ó proxecto :).
Dixéronme na casa: ''¿¿Y tenéis que reuniros para eso de la Galipedia el día del partido Barça-Madrid??''. E teñen razón cando din que estamos tolos :).
 
Pois así foi, o día no que a nación española esperaba que pasaran as horas e os minutos para que chegara o momento xusto do acontecemento do ano, un pequeno grupo de galipedistas, resistindo sempre ó invasor, desfrutaba do solSol e dalgunhas das xoias da cidade de Pontevedra coa escusa de repartir as camisetas do [[Usuario:Elisardojm/Inscrición 8 aniversario|reto do oitavo aniversario]] da Galipedia.
 
Xuntámonos diante do concello [[Usuario:Estevoaei|Estevoaei]], [[Usuario:Paradanta|Paradanta]], [[Usuario:Lameiro|Lameiro]], [[Usuario:Beninho|Beninho]], [[Usuario:Iago Pillado|Iago]], [[Usuario:Furado|Furado]] e [[Usuario:Elisardojm|eu]].
 
Xusto ó lado do concello visitamos as [[Museo_Provincial_de_Pontevedra#Ru.C3.ADnas_de_Santo_Domingo|ruínas do Convento de Santo Domingo]], un conxunto de restos arquitectónicos e escultóricos que no seu tempo debeu ser unha das marabillas do contorno. Logo puxémonos a pasear ata a [[Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra|Basílica de Santa María a Maior]], outra xoia da cidade que foi onde fixemos o ''roubado'' para a posteridade :). Seguimos camiñando, e mentres falabamos de todo un pouco, da cidade de Pontevedra, de fotografía, de arquitectura, de historia e que sei eu!. Pasamos tamén polo [[Museo de Pontevedra]] e visitamos así tres dos [[BIC]] dos moitos que [[Lista_de_monumentos_da_provincia_de_Pontevedra#Pontevedra|ten a cidade]].
 
Chegando á praza de San Xosé atopamos que estaba aberta a exposición "Pórtico da Gloria. Misterio e sentido", co que non houbo moito que falar para poñernos dacordode acordo en visitala. AcercámonosAchegámonos así á [[Catedral de Santiago]] precisamente nos días que estaba a ser proposta para [[Wikipedia:Sobre_Galicia/Votacións#Catedral_de_Santiago_de_Compostela|artigo sobre Galicia]], ¿casualidade?, eu non o creo... ;)
 
[[Ficheiro:Statues_in_Saint_Joseph_square,_Pontevedra.jpg|thumb|right|Que lle pasen a conta ó do violín...]]
Despois de tanto paseo tiñamos que recuperar forzas e ó lado das estatuas de [[Alexandre Bóveda]], [[Castelao]], [[Manuel Quiroga]], [[Valentín Paz Andrade]], [[Carlos Casares]] e [[Ramón Cabanillas]] puxémonos a falar de todo o que se nos ocorreu da Galipedia, da wiki en castelán, de Commons e creo que só faltou o tema do sexo dos anxos...
 
Falamos da [[relevancia]] dos artigos, un problema bastante importante na wiki en castelán (''...Me cuesta trabajo entender que en Argentina haya [[:es:Categoría:Futbolistas de Argentina|2.119 futbolistas]] relevantes, por [[:es:Categoría:Escritores de Argentina|780 escritores]] o [[:es:Categoría:Psiquiatras de Argentina|18 psiquiatras]], pongamos por caso. O Argentina o nosotros estamos haciendo algo muy mal...'', [[:es:Usuario:Fremen|Fremen]] no café da wiki en castelán o 26/9/2010) e que tamén afecta á Galipedia en bastante medida. Falamos bastante sobre diso, puxemos exemplos chuscos e cavilamos un pouco sobre as posibles solucións, pero o tema é complexo e non se pode resolver en media hora no medio dunha praza :). Isto queda pendente para que alguén lle poña o cascabelaxóuxere ó gato...
 
Tamén falamos de onde sería máis convinteoportuno aloxar as imaxes dos proxectos, si na propia Galipedia ou en Commons. Creo que a maioría estabamos dacordode acordo que era máis lóxico facelo en Commons por dúas razóns principais: é o proxecto adicado a iso dentro da [[Fundación Wikimedia]], e é a mellor forma de compartir eses recursos xa que alí estarán dispoñibles para tódolos proxectos. O maior problema para usar Commons parecía estar no idioma principal dese proxecto, o inglés, que dificultaba a selección de categorías, licencias e acceso á información do proxecto. Comentouse que o proxecto de Commons é multiidioma e que tódalas políticas e páxinas de axuda poden traducirse, que existe unha [[:Commons:Portada_galega|Portada en galego]] e que a páxina de [[:Commons:Commons:Upload/gl|carga]] de ficheiros é moi sinxela de usar e tamén está traducida. A última barreira eran as categorías en inglés, e o que se propuxo foi que os que non foran capaces de poñer a categoría axeitada que simplemente meteran as súas imaxes na categoría [[:Commons:Category:Galicia (Spain)|Galicia]] porque despois os usuarios máis expertos en Commons xa van ir poñendo pouco a pouco categorías mais específicas. Deste tema saíu a proposta que hai na [[Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Imaxes_a_Commons.3F|Taberna]] de quitar a carga de ficheiros da Galipedia para facelo directamente en Commons.
 
Outro dos temas que se trataron foi o da baixa proporción de mulleres editoras na Galipedia, e nos proxectos wiki en xeral. Comentáronse algunhas ideas ó respecto pero non se chegou a nada claro. O que si saíu desta conversa foi outra proposta na [[Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Concurso_de_ideas_para_campa.C3.B1a_de_captaci.C3.B3n_de_editoras.| Taberna]], así que xa sabedes onde seguir falando do tema :).
 
O tempo pasou moi rápido esa tarde, chegaba a hora ''D'' e xa se nos colaracoara nos ósos a friaxe da noitiña, levantamos o campamento ata a próxima e algúns escaparon a fume de carozo a levar o chasco do día, mágoa por eles, menos mal que tiveron a súa [[Liga de Campións da UEFA|desquite]] ;).
 
Xa pasou o día e pasou a romaría, para a próxima xuntanza, máis e mellor!!.
128.586

edicións