Grisóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: fa:ایالت گروبوندان
algo máis desde a wiki es
Liña 38:
}}
Os ''Grisóns'' ([[lingua alemá|alemán]]: Graubünden, [[lingua francesa|francés]]: ''Grisons'', [[lingua italiana|italiano]]: ''Grigioni'', [[Lingua retorrománica|romanche]]: ''Grischun'') é un cantón de [[Suíza]]. É o máis grande e máis oriental dos vintiseis cantóns. É ademais, o único cantón que ten tres linguas oficiais: alemán, italiano e romanche.
 
== Xeografía ==
A superficie do cantón é de 7.105 km<sup>2</sup>. Só un terzo desta área é considerada produtiva. Os bosques cobren cerca do 20% da área total. O cantón é case enteiramente montañoso, comprende a parte superior dos vales do [[Rin]] e do [[Río Inn|Inn]]. O punto máis elevado é o [[Macizo da Bernina|Bernina]] con 4.048 m.
 
Os vales da parte central son moi profundos, algúns deles son considerados os máis profundos de [[Europa]].
 
O cantón limita ao norte co principado de [[Liechtenstein]] e coa república de [[Austria]], ao sueste coa república de [[Italia]], ao nordés cos cantóns de [[Cantón de San Galo|San Galo]] e [[cantón de Glarus|Glarus]], ao noroeste co cantón de [[cantón de Uri|Uri]] e ao suroeste co cantón do [[cantón do Tesino|Tesino]]. A capital é [[Coira, Suíza|Coira]] (''Chur''). As universalmente coñecidas cidades de [[Klosters-Serneus|Klosters]], [[Davos]] e [[Sankt Moritz]] atópanse tamén no cantón dos Grisóns, destacándose o val oriental da [[Engadina]] como a zona que en territorio suízo mantén o ambiente máis natural.
 
{{Cantóns de Suíza}}