Abadía de Westminster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
De acordo coa tradición, no ano [[616]] fundouse un santuario no lugar coñecido como "Thorney Island". Dise que foi milagrosamente consagrado despois de que un pescador do río [[Támese]] tivera unha visión de [[Simón Pedro|San Pedro]]. Aínda que a existencia do santuario é incerta, a abadía histórica foi construída por [[Eduardo o Confesor]] entre os anos [[1045]] e [[1050]] e foi consagrada o [[28 de decembro]] de [[1065]]. Eduardo construíu a catedral ao faltar a un voto no que prometía realizar unha peregrinación; o [[papa]] aconselloulle redimirse construíndo unha abadía.
 
A abadía orixinal, de estilo [[románico]], foi construída polos monxes benedictinosbieitos. Reconstruiuse en estilo gótico entre [[1245]] e [[1517]]. A primeira fase da reconstrución foi organizada polo rei [[Henrique III de Inglaterra|Henrique III]], como un santuario en honra a Eduardo o Confesor. Os traballos rematáronse durante o reinado de [[Ricardo II de Inglaterra|Ricardo II]]. [[Henrique VII de Inglaterra|Henrique VII]] engadiu unha capela dedicada á [[Virxe María]] en [[1503]]. A pesares de que a abadía estivo cercada por [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] durante a disolución dos mosteiros en [[1534]] e pechada en [[1540]], en [[1550]] converteuse en [[catedral]] e salvouse da destrución grazas á súa conexións coa realeza.
 
O dito [[Lingua inglesa|inglés]] "robbing Peter to pay Paul", (en [[Lingua galega|galego]]: "roubar a Pedro para pagarlle a Pablo") sendo o equivalente en galego "desvestir a un santo para vestir a outro", procede deste período no que o diñeiro destinado á abadía, dedicada a San Pedro, destinouse ao tesouro da [[Catedral de San Pablo (Londres)|Catedral de San Pablo]]. En [[1640]] sufriu diversos danos ao seres atacada por puritanos pero foi protexida de novo grazas ás súas estreitas relacións co estado. [[Oliver Cromwell]] recibiu un fastuoso funeral na catedral en [[1658]] para ser desenterrado en xaneiro de [[1661]] por orde de [[Carlos II de Inglaterra|Carlos II]].