Xantina: Diferenzas entre revisións

composto químico
Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de abril de 2011 ás 23:56

As xantinas son substancias que pertencen a un grupo químico de bases purínicas que inclúen substancias endóxenas tales como a guanina, a adenina, a hipoxantina e o ácido úrico.

Etimoloxía

A palabra xantina deriva do grego xanthos, que se traduce como "amarelo", en virtude dos residuos amarelos producidos por estes compostos cando se quentan até a desecación con ácido nítrico.

Tipos de xantinas

Desde o punto de vista médico e farmacolóxico, existen tres xantinas de importancia: a cafeína, a teobromina e a teofilina, que son as tres, xantinas metiladas, polo que tambén se denominan metilxantinas. Son consideradas alcaloides, xa que son substancias fisiolóxicamente activas, continentes de nitróxeno e atópanse en plantas e nalgúns tecidos humanos; non obstante, chegan a diferir das bases alcaloideas en que son lixeiramente solubles en auga. A importancia concedida a estos compostos deriva da interpretación do seu nome: teobromina, "comida divina"; teofilina, "folla de deuses" e cafeína, que vén da palabra árabe para designar o viño.

Consumo

Existen varias bebidas non alcólicas provenientes de produtos vexetais que teñen xantinas. Por exemplo:

Efectos farmacolóxicos das xantinas

As xantinas teñen efectos semellantes en varios sistemas orgánicos; diferindo entre si principalmente nas súas potencias relativas.

  • Acción estimulante do sistema nervioso central.
  • Acción relaxante da musculatura lisa.
  • Producen vasoconstrición da circulación cerebral.
  • Estimula a contractibilidade cardíaca.
  • Acción diurética.
  • Estimulación da resposta contráctil do músculo esquelético.
  • Síndrome de abstinencia.