Diferenzas entre revisións de «Cerponzóns, Pontevedra»

lig int
m (r2.6.4) (bot Modificado: es:Cerponzones (San Vicente))
(lig int)
 
==Patrimonio==
A igrexa parroquial é un templo orixinario do [[século XII]] con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxelios na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o [[Río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]] e a [[ría de Pontevedra]].
 
Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.