The Divine Comedy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "The Divine Comedy é un grupo de indie pop orixinario de Irlanda do Norte e formado no 1988. A banda está liderada por Neil Hannon compositor, cantante, guitarrista, pianista e úni..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 25 de abril de 2011 ás 23:49

The Divine Comedy é un grupo de indie pop orixinario de Irlanda do Norte e formado no 1988. A banda está liderada por Neil Hannon compositor, cantante, guitarrista, pianista e único membro estábel do proxecto, ainda que co andar dos anos pasasen por el unha longa listaxe de músicos.

A sua música combina influencias de grupos como The Smiths ou Electric Light Orchestra coa tradición crooner de Scott Walker, Jacques Brel1 e o pop barroco de The Beach Boys ou Burt Bacharach. Do mesmo xeito, a variada instrumentación e os arranxos orquestais das súas cancións tamén toman como referencia a música de compositores como Ravel, Stravinsky, John Barry, Michael Nyman ou Philip Glass. Malia estas influencias, o grupo foi criticado en ocasións por publicar como discos sinxelos as súas cancións máis orientadas ao easy listening.

As letras de Neil Hannon caracterízanse por retratar ironicamente a vida moderna e por incluiren nelas guiños aos seus referentes literarios e culturais cos que aborda temáticas coma o amor, o sexo ou a vinganza.