Diferenzas entre revisións de «Tecido conxuntivo»

sen resumo de edición
(tradución de es:tejido conjuntivo con algún axuste)
 
Está composto por [[proteína]]s e glicosaminoglicanos (condroitín-sulfato, heparán-sulfato, queratán-sulfato e ácido hialurónico). Os glicosaminoglicanos están formados por polisacáridos unidos a proteínas, posteriormente con reación áceda. Posúen numerosos anións, que captan [[sodio]] e arrastran [[auga]] por [[solvatación]].
 
Para a preparación histolóxica non pode producirse lavado con auga. Hai que optar por:
* fixación con vapores de éter-formaldehído de cortes conxelados para microscopía óptica; ou ben
* conxelación presurizada + criosustitución + inclusión a baixa temperatura para microscopía electrónica
 
As tincións máis axeitadas son: ácido periódico de Schiff, ferro coloidal etc.
 
==== Febras ====
No tecido conxuntivo existen diferentes tipos de febras: febras de [[coláxeno]], febras elásticas e microfebras. As febras de coláxeno existen en diversos tecidos e aportan grande estabilidade e resistencia ao tecido. Particularmente áchanse elevadas cantidades destas febras nos tendóns, fascias e outras estruturas febrosas.
 
 
1.551

edicións