Tecido conxuntivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
tradución de es:tejido conjuntivo con algún axuste
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 25 de abril de 2011 ás 22:41

O tecido conxuntivo é un tecido orgánico que forma parte dos tecidos conectivos. Deriva do mesodermo. O tecido conxuntivo serve de sostén ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá suporte aos paquetes vasculo-nerviosos.

Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en tecido conxuntivo laxo e denso:

  • O tecido laxo abrangue: o tecido conectivo mucoso, o tecido conxuntivo reticular e o tecido mesenquimal.
  • O tecido denso abrangue dous tipos: denso regular e denso irregular.

O tecido conxuntivo especializado abrangue: o tecido adiposo, o tecido cartilaxinoso, o tecido óseo, o tecido hematopoiético e o tecido sanguíneo.

Elementos do tecido conxuntivo

Hai tres compoñentes principais neste tecido: a substancia fundamental, febras diversas e unha serie de células.

Substancia fundamental

A substancia fundamental é un compoñente básico do tecido conxuntivo, de consistencia xelatinosa. Rodea e serve coma recheo para as células e febras do tecido. Permite o transporte de nutrintes e outras substancias cara as células.

Está composto por proteínas e glicosaminoglicanos (condroitín-sulfato, heparán-sulfato, queratán-sulfato e ácido hialurónico). Os glicosaminoglicanos están formados por polisacáridos unidos a proteínas, posteriormente con reación áceda. Posúen numerosos anións, que captan sodio e arrastran auga por solvatación.