Candlebox: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 23:
Esa disputa das discográficas por Candlebox foi moi positiva para a banda, que vía aumentar as oportunidades de gañar exposición, pero por outra banda, xeraba a crítica dalgúns setores de que Candlebox estaría tentando aproveitarse do [[grunge]], ao seguir o estilo en busca do éxito. Porén os seus integrantes sempre afirmaron en entrevistas que non se consideraban unha banda [[grunge]]. Todos os membros de Candlebox eran da rexión de [[Seattle]], en contra de informacións que circularon na prensa da época, que dicían que a banda se formara [[Os Ánxeles - Los Angeles|nos Ánxeles]] e mudouse para [[Seattle]].
 
===Chegada á fama===
===O primeiro disco e a conquista das listaxes===
Aínda en [[1992]], a banda acabou asinando un contrato coa discográfica [[Maverick Records]] (de propiedade de [[Madonna]] en sociedade coa Warner Music), e inmediatamente entrou no estudio para gravar o seu primeiro álbum coa axuda do produtor e amigo Kelly Gray. Dúas das cancións da cinta demo entraron no CD, "You" e "Far Behind". O primeiro lanzamento da banda foi o sinxelo "Change" en xuño de [[1993]], que foi tamén o primeiro videoclip, rodado en [[Portland]]. O álbum, autotitulado ''[[Candlebox (álbum)|Candlebox]]'' chegou ás tendas en xullo de [[1993]], recibindo críticas bastante divididas.
 
Liña 31:
 
Co éxito de ''Candebox'' a banda estaba ansiosa por progresar, e en abril de [[1994]] tiña 36 novas cancións para o álbum de continuación. O [[3 de outubro]] de [[1995]] publicouse o seu segundo disco, ''[[Lucy]]''. A pesar de que marcou o comezo do seu declive comercial, ''Lucy'' foi certificado ouro grazas a sinxelos como "Simple Lessons" e "Understanding". Dous días despois do seu lanzamento, Candlebox apareceu en ''Working Class Hero: A Tribute to John Lennon'', cunha versión de "Steel and Glass". O baterista Scott Mercado deixaría a banda o ano segunte se foi reemprazado por [[Dave Krusen]], antigo membro de [[Pearl Jam]].
 
O [[21 de xullo]] de [[1998]] Candlebox editou o seu terceiro álbum de estudio, ''[[Happy Pills]]''. A pesar de ser un regreso ao son sinxelo da súa estrea, o traballo só conseguiu un éxito marxinal. A canción "Glowing Soul" foi tamén gravada para a banda sonora de ''The Waterboy'' e incluída a petición de [[Adam Sandler]]. Inspirada na película, o tema está baseado nun ritmo de [[Bo Diddley]], e foi gravada con equipo antigo.
 
O seguinte ano sería moi turbulento na carreira da banda. Krusen saiu de Candlebox e foi reemprazado por Shannon Larkin de [[Ugly Kid Joe]]. Bardi Martin tamén marchou para ir á universidade e no seu lugar chegou Rob Redick, antigo membro de Dig. No [[2000]] Candlebox entrou en hiato. Sedundo Martin, a banda non estaba contenta co seu contrato discográfico e intentou liberarse de Maverick por disolución. O selo considerou que Martin era o único membro restante, pero despois de dous anos de disputas sobre a gravación dun obrigatorio cuarto álbum de Candlebox album, Martin rendeuse. No ano [[2007]] Martin non recibira os seus ''royalties'' polas vendas dende o [[2001]], e non os recibiría ata que gravase un cuarto traballo. Outros membros da banda, porán, si cobraron as súas partes.
 
==Membros==