Diferenzas entre revisións de «José Reino Caamaño»

engado datos e bibliografía
(engado datos e bibliografía)
'''José Bernardo Reino Caamaño''', nado en [[Insua, Mazaricos, Mazaricos|Insua]] en([[Mazaricos]]) o [[21 de abril]] de [[1882]] en finado naen [[Cores, Barcala, A Baña|Cores]] ([[A Baña]]) o [[2 de xaneiro]] de [[1964]], foi un avogado e político galego.
 
==Traxectoria==
Licenciado en dereito pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en 1902, foi xuíz de primeira instancia en [[Vilalba]] ([[1908]]), [[Lalín]] ([[1911]]) e [[Betanzos]] ([[1915]]). Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de [[Santiago de Compostela]]. Publicou versos en castelán e galego na ''[[Revista Gallega]]''<ref>[http://www.realacademiagalega.org/Hemeroteca/ArtigosPorAutor.do?autoritasName=Jos%E9&autoritasSurname=Reino%20Caama%F1o&letter=none Poemas de José Reino]</ref> e ''[[El Umia]]''. En 1916 e 1917 foi proclamado deputado provincial da[[ Deputación da Coruña]] polo distrito de Negreira-Corcubión. En [[1923]] foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas [[Cortes Españolas]] pola fracción demócrata do [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]]. Na [[Segunda República Española|Segunda República]] foi unha das figuras da [[Derecha Liberal Republicana]] en Galicia e foi elixido deputado pola [[provincia da Coruña]] nas [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións a Cortes Constituíntes de 1931]] e polo [[Partido Republicano Conservador]] nas [[Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia|eleccións xerais de 1933]], destacando pola súa condena á persecución relixiosa. Foi maxistrado da Audiencia desde 1933. Durante a [[Guerra Civil Española|Guerra civil]] defendeu en xuízo a algúns acusados polo franquismo, chegando a afirmar que os únicos rebeldes eran o que os xulgaban, razón pola que foi multado e tivo que permanecer escondido durante un tempo.<ref>[http://franquismo.wordpress.com/2008/09/20/la-guerra-en-un-pequeno-municipio-negreira-y-ii/ La guerra en un pequeño municipio: Negreira (y II)]</ref>. Dende 1940 foi profesor na [[Universidade de Santiago de Compostela]], sendo nomeada profesor adxunto honorario de Dereito Mercantil (1948). Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de [[Santiago de Compostela]].
 
==Notas==
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* {{cita libro
| autor = Liñares Giraut, X. Amancio
| título = Negreira na guerra do 36
| ano = 1993
| publicación = Sada: Do Castro
| id = ISBN 84-7492-656-4
}}
 
===Ligazóns externas===
*[http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2894490.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados]
94.711

edicións