Diferenzas entre revisións de «Aldonza de Galicia e León»

Toro -> Toro, España; arranxiños
mSem resumo de edição
(Toro -> Toro, España; arranxiños)
{{sen referencias}}
'''Aldonza de Galicia e León''' (tamén escrito '''Aldonça''' segundo a grafía da época;, ou '''Dulce'''), nada cara c.a [[1195]] -e c.finada cara a [[1245]] ou Dulce), foi, ''deunha jure''nobre galega, raíña de Galicia e León ''de iure'' durante escaso período de tempo en [[1230]], en conxunto coa súa irmá máis vella Sancha II, aínda que de feito non exercese calquera funcións gobernativas.
 
Aldonza era filla de [[Afonso VIII de Galiza e León]] e da súa primeira esposa, a princesa portuguesa [[Tareixa Sanches]], filla do rei [[Sancho I de Portugal]]. Dese casamento resultou tamén o nacemento de máis unha filla, Sancha, e dun rapaz, Fernando (falecido en [[1214]]), príncipe de Galicia e León, e quen tería sido herdeiro de Afonso VIII. Con todo, o matrimonio viría a ser declarado inválido polo Papa, en virtude da consanguinidade dos esposos.
Afonso VIII volveu casar, por segunda vez, coa raíña [[Berenguela de Castela]], da cal tivo, entre outros fillos, o futuro [[Fernando III de Castela]]. Tamén este casamento sería anulado.
 
Non obstante, en Castela, por morte de [[Henrique I]], sucédelle no trono a súa irmá Berenguela, a cal pronto abdicou en favor do fillo, Fernando III ([[1217]]). Afonso VIII, como rei consorte de Castela polo casamento con Berenguela, esixiu os dereitos de rei que Berenguela unilateralmente lle concedera ao seu fillo, provocando isto un conflito bélico que finalmente remataría o [[26 de agosto]] de [[1218]], nun pacto asinado en [[Toro, España|Toro]], e no que pai e fillo selaban as paces definitivamente. Por ese pacto, prevíase que ambos os soberanos renunciarían perpetua e mutuamente á coroa do outro reino, así Afonso VIII abandonaba os seus dereitos como rei consorte de Castela, e Fernando III non podería reclamar o goberno de Galiza e León.
 
Efectivamente, ao morrer ([[1230]]), Afonso VIII lega os reinos en [[testamento]] ás súas fillas Aldonza I e Sancha II. Non obstante aproveitando a febleza política do momento, e rompendo o tratado de Toro, Fernando III, instigado pola súa nai así coma polos sectores aristocráticos do reino de Castela, decídese a usurpar os reinos de Galiza e León ás súas irmás, coa fin de incorporalos ós seus dominios. Tras un convulso momento bélico entre os leais a Aldonza e Sancha, e os seguidores de Fernando III, a maioría da [[aristocracia]] leonesa así coma o clero galego-leonés decántase pola unión con Castela a cambio de terras e favores.
133.912

edicións