Afonso XI de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*Alxeciras -> Algeciras
Toro -> Toro, España
Liña 21:
Faleceu no sitio de Xibraltar vítima da [[peste]], sendo así o único monarca de toda a Europa afectada en morrer vítima da enfermidade. O seu cadáver foi levado a [[Jerez de la Frontera]], onde foi embalsamado, e soterraron os seus intestinos na real capela do [[alcázar]]. O seu corpo foi posteriormente levado a [[Sevilla]], onde permaneceu ata que en 1729 foi trasladado á [[Real Colexiata de San Hipólito|Igrexa de San Hipólito]] de [[Córdoba, España|Córdoba]], fundada por el mesmo en 1343 en conmemoración da Batalla do Salado.
 
Foi alcumado "O Xusticeiro" pola enerxía que tivo que exercer para manter controlada á nobreza xa desde que se fixo cargo do poder, sen importarlle en moitos casos para conseguir ese sometemento recorrer ó axustizamento dos nobres ou mesmo ós asasinatos e emboscadas, como ocorreu con don [[Juan el Tuerto]], na Cidade de [[Toro, España|Toro]].
 
Atribúeselle unha [[cantiga]] de amor dirixida a [[Leonor Núñez de Guzmán]].