Diferenzas entre revisións de «Afonso III de Oviedo»

Zamora -> Zamora, España; arranxiños
m (+Lig. int.)
(Zamora -> Zamora, España; arranxiños)
| date of birth= 848
| date of death= 20 de decembro de 910
| place of death= [[Zamora, España|Zamora]]
| place of burial= Catedral de San Salvador de Oviedo
}}
 
'''Afonso III''' alcumado '''''o Grande''''', nado no ([[848]] e finado en [[Zamora, España|Zamora]] o [[20 de decembro]] de [[910]]), foi un nobre medieval, fillo do rei [[Ordoño I de Asturias|Ordoño I]],. reinouReinou entre os anos [[866]] e [[910]] sendo o derradeiro rei da [[reino de Galiza|Galiza altomedieval]] (''Regi Gallaeciarum'') que gobernou desde a cidade de [[Oviedo]] (''rex in Oveto''). A súa autoridade real foi seriamente cuestionada en varias ocasións durante o seu reinado.
 
== Reinado ==
Durante o seu mesmo acceso ó trono, o conde galego [[Froila, Conde de Galiza|Froila]] rebelouse contra el, apañándolle o trono e proclamándose rei de Galiza, en Oviedo. Isto obrigou a Afonso III a refuxiarse en [[reino de Castela|Castela]], de onde regresou unha vez derrotado e morto o rei Froila, uns meses máis tarde. Esta non foi a única actitude hostil cara ó seu reinado por parte dos nobres galegos, xa que nun documento da doazón das salinas da Lanzada por parte do rei á igrexa de Santiago, no [[886]], relátase que as salinas pertenceran a Hermenexildo Pérez e á súa dona Iberia, que se sublevaron contra Afonso e, xunto con outros cómplices, planearon a súa morte.