Diferenzas entre revisións de «Ástures»

lig ints
m (retiro : da antigüidade e poño "antigo" , inda que non sexa o maìs axeitado, pero é neutral, Penso que é un pobo celtibero, non teño fontes a man)
(lig ints)
 
==Historia==
 
===Época pre-romana===
O territorio dos Ástures comprendía aproximadamente as actuais provincias de [[provincia de León|León]], [[provincia de Zamora|Zamora]], a maior parte de [[Asturias]], así como parte dos territorios das actuais provincias galegas de [[provincia de Lugo|Lugo]] e [[provincia de Ourense|Ourense]]. Considérase que a orixe e formación desta [[cultura]] estivo radicada, entre outros aspectos, na mestura dun pobo autóctono -de orixe descoñecida- coa chegada dun grupo poboacional da zona [[Europa central|centro-europea]]. Non obstante, a etnicidade deste grupo de comunidades permanece dubidosa, sendo que a maioría dos investigadores contemporáneos tenden a considerar que a denominación "Ástures" se tratase meramente dun convencionalismo empregado polos romanos á súa chegada ao noroeste peninsular, durante o [[Século -I|século I a.C.]]
 
Será, por tanto, máis preciso cinguirse o estudo a grupos de comunidades locais, organizados ao longo de vales e unidades territoriais menores, conforme se confirman nas singularidades presentes nas decoración [[cerámica]]s da [[Idade do Ferro]], que denotan particularidades comarcais.
128.331

edicións