Tupolev Tu-154: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: mn:ТУ-154
Beninho (conversa | contribucións)
m amplío de en.wiki
Liña 19:
 
Foi a base de moitas aeroliñas soviéticas durante décadas, chegando a realizar unha sexta parte dos servizos realizados no mundo e transportando á metade dos pasaxeiros de [[Aeroflot]] e as súas subsidiarias. Tamén foi operado por 17 aeroliñas non soviéticas e por varias forzas aéreas e foi o avión estándar nas liñas internas de [[Rusia]] e entre as repúblicas ex-soviéticas ata mediados da década dos 2000.
 
Cunha velocidade de cruceiro de 975 km/h, o Tu-154 é un dos avións civís máis rápidos en servizo e ten un alcance de 5.280 quilómetros. Capaz de operar dende aeródromos de terra e grava, é usado en from unpaved and gravel airfields, utilízase nos territorios árticos do norte de [[Rusia]], onde as instalacións son moi básicas. Cunha vida útil de 45.000 horas, pero capaz de voar 80.000 con actualizacións, agádase que continue operando ata o ano [[2016]], aínda que as regulacións de ruído fixeron que os servizos cara [[Europa]] occidental se restrinxisen. En xaneiro do [[2010]], a aeroliña rusa [[Aeroflot]] anunciou a retirada dos seus Tu-154 despois de 40 anos, realizando o seu último voo o [[31 de decembro]] do [[2009]] entre [[Ekaterinburg]] e [[Moscova]]. En decembro do [[2010]], [[Uzbekistan Airways]] tamén declarou que deixaría de operar o modelo en [[2011]] debido á gran cantidade de accidentes do avión. En marzo do [[2011]] a Oficina Federal Rusa de Aviación recomedou a retirada de todos os Tu-154M do servizo.
 
[[Categoría:Aviación civil]]