Mihails Tāls: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Categoría
m ligazóns
Liña 17:
 
== Traxectoria ==
Tal aprendeu o xogo na infancia, grazas ao seu pai, pero xogou ós 17 anos a súa primeira partida cun gran mestre. Apenas 8 anos despois xa era campión do mundo. Obtivo un segundo posto no Campionato letón de [[1954]], xunto co seu título de mestre da [[URSS]], tras gañar ao campión bielorruso [[Saïgin]]. Tivo outro éxito ao triunfar na semifinal do campionato da URSS individual. Cara a [[1956]] quedou a un punto dos vencedores, e no ano [[1957]] Tal quedou quinto ''ex aequo'' na semifinal, algo lonxe do futuro campión do mundo, [[Tigran Petrosian|Petrossian]].
 
Diversas vitorias axudárono a consolidarse no cume. Gañou o campionato soviético en [[1958]] (12,5/18), logo o interzonal de [[Portoroz]] o mesmo ano e, finalmente, ao coroarse campión do Torneo de Candidatos disputado en [[Iugoslavia]] en [[1959]] (axudado por 4 vitorias sobre o mozo [[Bobby Fischer]]) obtivo o dereito a disputar o match polo Campionato do Mundo. Precedido polas súas vitorias (conseguira, ademais, o primeiro lugar en [[Zúric]] [[1959]] con 11,5/15 por diante de Fischer, [[Svetozar Gligoric|Gligoric]] e [[Paul Keres|Keres]], sumado a 13,5/15 na olimpíada de [[Leipzig]] [[1960]]), en [[1960]], á idade de 24 anos, Tal derrotou ao posicional e estratéxico [[Mikhail Botvinnik]] neste encontro, co que se converteu no Campión do Mundo máis novo de todos os tempos (ata que Kaspárov o superou, gañando o título aos 22 en [[1985]]). [[Mikhail Botvinnik|Botvínnik]] gañou o encontro de desquite a comezos de [[1961]], cando Mikhail Tal tivo que dobregarse, aparentemente por problemas de saúde, 8-13. Meses máis tarde gañou o Torneo de Bleg diante de Fischer, pero a súa saúde obrigouno a retirarse de varios torneos, como o dos Candidatos de Curaçao.
 
[[Ficheiro:Mikhailtalgrave.jpg|thumb|left|Tumab de Mikhail Tal]]