Emilio Pérez Touriño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 28:
Pérez Touriño realizou estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de [[Grenoble]], [[Francia]]. É doutor en Ciencias Económicas e profesor da [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde foi vicerreitor para Asuntos Económicos.
 
Durante a transición democrática foi dirixente estudantil e activo militante progresista e participou directamente no proceso do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de Autonomía de Galicia]] e nos [[Pactos do Hostal]] que o posibilitaron. Era enton membro do [[PCG]].
 
Entrou na política da man de [[Abel Caballero]] cando este era ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. Foi primeiro xefe do seu gabinete e logo subsecretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente. En [[1994]] Roldán acusouno de ter intervido no pagamento de comisións, polo que renunciou aos seus cargos políticos, aínda que rexeitase sempre a súa implicación. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil nese mesmo ano. Regresou á docencia ata o ano 96.