Diferenzas entre revisións de «Luís Espada Guntín»

completo info
(arranxos e lig ext)
(completo info)
'''Luis Espada Guntín''', nado en [[Ourense]] o [[4 de decembro]] de [[1858]] e finado en [[Madrid]] en [[1937]], foi un avogado e político [[Galiza|galego]], ministro de [[Ministerio de Educación e Ciencia de España|Instrución Pública e Belas Artes]] e de [[Ministerio de Fomento de España|Fomento]] durante o reinado de [[Afonso XIII]].
 
==Traxectoria==
Fillo de José Espada Novoa, estudou Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e doutorouse na Universidade Central de Madrid. En 1880 foi nomeado letrado do Ministerio de Gracia e Xustiza. Membro do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]], iniciou na súa carreira política á sobra dos Bugallal. Traballou como pasante no bufete de [[Saturnino Álvarez Bugallal]] e este conseguiulle a súa primeira acta de deputado por [[Ourense]] ([[1884]]-[[1886]]); despois foi elixido polo distrito de [[Comarca de Verín|Verín]] ([[1891]]-[[1893]]) e polo mesmo distrito en todas as eleccións entre [[1896]] e [[1923]]. Durante a [[Segunda República Española|II República]], nas [[Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia|eleccións xerais de 1936]], volveu obter o escano pola [[provincia de Ourense]] en representación da [[CEDA]].
 
Foi gobernador civil de Cidade Real e Toledo (1891), director xeral de Administración (1900), fiscal do Tribunal de Contas (1903), director xeral de Obras Públicas (1904), vicepresidente do Congreso dos Deputados (1905 e 1914) e subsecretario de Facenda (1907).
 
Foi ministro de Fomento entre o [[25 de outubro]] e o [[9 de decembro]] de [[1915]], cargo que volveu ocupar entre o [[15 de setembro]] de [[1920]] e o [[13 de marzo]] de [[1921]]. Foi ministro de Instrución Pública e Belas Artes entre o [[5 de maio]] e o [[1 de setembro]] de [[1920]].
94.826

edicións