Diferenzas entre revisións de «Tecido muscular»

sen resumo de edición
 
A contracción prodúcese cando os fíos grosos empurran aos delgados cara ao medio, acurtándose a sarcómera. Obsérvase acurtamento das bandas claras pero non das escuras. Obsérvanse tamén numerosas mitocondrias e unha serie de invaxinación da membrana, chamadas túbulos T, cuxa función é a de propagar o impulso nervioso.
 
==== Unión miotendínea ====
A unión miotendínea é a unión do tecido muscular cos tecidos que permiten a súa fixación aos distintos ósos. A lámina externa muscular únese con febras de [[coláxeno]] formando unha unión dentada, coa fin de aumentar a superficie de adherencia. As pequenas febras únense á membrana plasmática do rabdomiocito. É máis probable que se rompan as unión a que se separen dada a súa estrutura. Nestas zonas de suxeción, as células musculares adoitan ter os núcleos centralizados.
 
==== Unión neuromuscular ou placa motora ====
Toda febra muscular esquelética está inervada por unha motoneurona. A terminación nerviosa presenta unha dilatación nunha pequena fendidura da febra muscular. O espazo entre febra nerviosa e muscular denomínase fendidura sináptica. A membrana da febra presenta unha serie de pliegues denominados pliegues da unión.
 
Entre ambas fendiduras hai lámina externa. Na propia fendidura hai vesículas sinápticas que conteñen acetil-colina, mentras que na lámina hai acetilcolinesterasa, que degrada tal substancia.
 
A unidade motora está constituída por unha motoneurona xunto ao grupo de febras musculares ás que inerva. As febras da unidade non están en contacto, senón que están distribuídas ao chou, e intercaladas entre outras febras formando unha imaxe en taboleiro de xadrez. Deste xeito abranguen o músculo na súa totalidade. Todas as febras musculares inervadas pola mesma motoneurona, pertencen ao mesmo grupo histoquímico.
 
==== Fusos neuromusculares ====
Dispóñense parelelos á febra muscular. Estíranse cando o músculo se estira. As fibras intrafusais son moito máis reducidas cás febras extrafusais. O fuso presenta dúas zonas: unha central (onde se acumulan os núcleos) e outra periférica (onde se atopan as estriacións). Á súa vez hai dous tipos de febras:
* Febras en bolsa nuclear: núcleos concentrados nunha bolsa central.
* Febras en cadea nuclear: febra estreita, cos núcleos dispostos en cadea.
 
Hai ademais dúas terminacións nerviosas sensitivas:
* Anuloespirais: rodeo da febra
* En póla: división coma pólas nos segmentos periféricos.
 
Os fusos neuromusculares estimulan as motoneuronas α que inervan o músculo e inhiben as motoneuronas dos músculos antagonistas. Os receptores responden evocando a contración de febras extrafusais. As febras intrafusais teñen inervacións de motoneuronas γ, que forman placas motoras na periferia das febras.
 
==== Histoxénese ====
Os rabdomiocitos maduros resultan da fusión de varios mioblastos uninucleares. Os mioblastos fusionados evolucionan cara rabdomiocito acumulando fiamentos e outras estruturas que desprazan os núcleos á periferia.
 
==== Crecemento e mantemento ====
O músculo estriado crece por hipertrofia, que supón un aumento no volume da febra. O tono muscular depende directamente da conexión neuro-muscular. As lesións na motoneurona α causan a imposibilidade de mover o músculo e a atrofia das febras musculares.
 
==== Rexeneración ====
Existen na periferia da febra unha serie de células satélite con capacidade para diferenciarse en rabdomiocito e substituír tecido danado.
 
 
== Músculo estriado cardíaco ==
O músculo cardíaco presenta unha serie de características do músculo liso e outras do esquelético. En primeiro lugar, o cardiomiocito posúe un unico núcleo central. Son células máis pequenas que os rabdomiocitos e están totalmente unidas unhas a outras. Teñen forma cilíndrica e cada febra mide 100 micras. Entre cada dúas células aparecen unha serie de discos intercalares. No cono sarcoplasmático acumúlanse as organelas, e coa idade un pigmento de desgaste denominado lipofucsina.
 
==== Discos intercalares ====
Os discos intercalares dispóñense entre os cardiomiocitos. Ao microscopio, son unhas liñas grosas non totalmente perpendiculares. Van facendo unha serie de escalóns, unindo febras adxacentes. Hai unha porción transversal (de unión mecánica, pode haber fascia adherente) e outra lonxitudina (nexos de unión eléctrica, permiten o paso da excitación nerviosa).
 
==== Túbulos T ====
A diferenza co músculo estriado esquelético, o túbulo T está a nivel das liñas Z. Só hai un complexo de [[retículo endoplasmático]] na sarcómera. Algúns dos túbulos do retículo forman unha pequena dilatación. Non hai cisternas terminais desenvolvidas.
 
==== Diferenzas intracardíacas ====
Os miocitos da aurícula dereita presentan unha serie de gránulos que conteñen péptido atrial nat-diurético.
 
==== Sistema de condución ====
O [[corazón]] dispón dun sistema de condución nerviosa propio constituido por:
* Nodo sinoauricular: células nodais, pequenas e rodeadas de tecido conxuntivo. No nodo hai terminacións nerviosas [[sistema nervioso simpático|simpáticas]] e [[sistema nervioso parasimpático|parasimpáticas]].
* Células de Purkinge: células de metabolismo anaerobio e alimentadas por [[glicóxeno]]. Son de maior tamaño cos cardiomiocitos.
 
==== Crecemento e rexeneración ====
O crecemento prodúcese mediante hipertrofia, mentres que a rexeneración coma tal non existe. Cando hai un dano miocárdico, prodúcese fibrose e unha cicatriz, pero non rexeneración muscular.
 
[[Categoría:Histoloxía]]
1.551

edicións