Cañita Brava: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Marcador de atención
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 15:
A finais da década dos noventa, cando a súa fama ía decrecendo debido en parte á saturación da oferta friki na televisión (unha tendencia que el axudara a crear e da que agora, ironicamente, estaba a ser vítima), Cañita tiña aínda un as gardado na manga. En 1998 deu o salto á grande pantalla da man de [[Santiago Segura]], cun moi pequeno papel no film de grande éxito ''[[Torrente: El brazo tonto de la ley]]'', película na que compartía cartel xunto con actores da categoría de [[Tony Leblanc]], o tamén galego [[Manuel Manquiña]], [[Chus Lampreave]] ou o propio Segura. A frase estelar de Cañita --"me debes tres mil pesetas de whisky"-- tivo tal popularidade que cando Segura se decidiu a face-la terceira parte da saga de ''Torrente'', pediulle a Cañita que voltase a aparecer e pronunciase esa mesma frase pero desta volta traducida a euros, para amosar que, a pesar do troco de moeda, Cañita seguía a ser un actor que dicía as súas frases con grande aplomo.
 
Sen dúbida, Cañita tomoulle gusto á cámara e á alfombra vermella, e coa entrada no novo milenio protagonizou o film curto ''[[Los invasores]]'', no que interpreta a un policía en misión secreta na procura dunha rapaza que ninguén sabe onde se atopa. Editouse tamén a banda de son desta película, recibida con división de opinións pola crítica musical especializada, e nesta ocasión tampouco puido Cañita escapar da controversia. Ao pouco de edita-lo disco, apareceron unhas declaracións súas no diario [[La vozVoz de Galicia]] nas cales se queixaba de que a xente non mercaba o disco porque estaba a descargalo gratuitamente de internet, un feito que proba, unha vez máis, o éxito sen precedentes do que o artista de As Xubias segue a disfrutar despois de máis de quince anos de carreira.
 
===Actualidade===