Tecido muscular: Diferenzas entre revisións

tecido orgánico común a moitas especies animais
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: "O tecido muscular é un tecido orgánico común a moitas especies animais. Trátase dunha agrupación de células musculares ou miocitos. Outras células presentes neste tecido son [..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de abril de 2011 ás 19:33

O tecido muscular é un tecido orgánico común a moitas especies animais. Trátase dunha agrupación de células musculares ou miocitos. Outras células presentes neste tecido son neuronas e células do tecido conxuntivo.

A función básica do tecido muscular é a contractilidade. Podemos ademais clasificar o tecido muscular en dúas grandes variantes: o músculo liso (que recobre as vísceras e outras estruturas, cuxa mobilidade é lenta e involuntaria) e o músculo estriado (responsable do movemento voluntario e da función cardíaca). Na especie humana, o tecido muscular deriva embrioloxicamente do mesodermo.

Músculo liso

Os miocitos do músculo liso son células fusiformes cun único núcleo central. Dispóñense formando túnicas con células intimamente pegadas. Histoloxicamente seméllase ao tecido conxuntivo, sen embargo, ao microscopio o tecido muscular presenta máis densidade nuclear e unha maior coloración. Os núcleos son ovalados de extremos redondeados. Os fibroblastos do tecido conxuntivo teñen extremos puntiagudos.

As tincións máis idóneas para este tipo de tecido son tricrómicos coma o Azán (tinxe vermello o músculo e azul o coláxeno) ou o Van Gieson (músculo amarelo). Mediante inmunohistoquímica márcase o músculo con actina, mentras que o tecido conxuntivo circundante márcase con coláxeno IV e laminina.

A distribución dos miocitos depende da localización. Existen febras musculares illadas nas vellosidades intestinais ou na próstata. Na maioría das localizacións áchanse agrupacións de febras. Estas agrupacións, á súa vez poden formar túnicas musculares (intestino, tecido vascular... onde as febras se dispoñen de xeito perpendicular) ou pequenos músculos individuais (músculos erectores do pelo).

O miocito contén unha serie de estruturas características: - Corpos densos: son estruturas do citoplasma e membrana plasmática que serven de anclaxe de filamentos finos. - Fíos de desmina que recorren todo o citoplasma. - Cono sarcoplasmático: estrutura en torno ao núcleo cheo de organelas pero sen filamentos. - Caveolas na membrana plasmática, que acumulan calcio

Os filamentos finos son de actina e os grosos (15 nanómetros) de miosina. Os corpos densos conteñen α-actinina. Por fora do sarcolema áchase a lámina externa, onde se fixan febras de reticulina. Durante a contración, a célula comprímese ao haber tracción sobre os corpos densos.

A inervación é triple: hormal, nerviosa e autónoma (estímulo mióxeno propio). A inervación nerviosa é producida polo sistema nervioso simpático e parasimpático. Entre as febras musculares hai unións de fendidura que permiten a transmisión da contración.