Clara Zetkin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
remato esta adaptación de en.wiki
Liña 1:
{{enuso}}
[[Ficheiro:Zetkin luxemburg1910.jpg|thumb|200px|right|Clara Zetkin (esquerda) e Rosa Luxemburg, en 1910.]]
'''Clara Zetkin''', nada como '''Clara Eißner''' en Wiederau, [[Saxonia]] o [[5 de xullo]] de [[1857]] e finada en Arkhangelskoie, preto de [[Moscova]], o [[20 de xuño]] de [[1933]], foi unha profesora, xornalista e política marxista alemá, figura histórica do feminismo. Até 1917, militou no [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]] (SPD), despois uníuse ó [[Partido Socialdemócrata Independente de Alemaña]] (USPD) na súa á esquerda, a [[Liga Espartaquista]], que se tornaría posteriormente [[Partido Comunista de Alemaña]] (KPD), ó que representaría no [[Reichstag]] durante a [[República de Weimar]] de 1920 a 1933.
Liña 17 ⟶ 16:
Durante a [[I Guerra Mundial]], Zetkin, canda a [[Karl Liebknecht]], [[Rosa Luxemburg]] e outros destacados políticos do SPD rexeitaron a política do partido denominada ''[[Burgfrieden]]'', que consistía no apoio ó goberno alemán deixando de lado a laboura de oposición, incluíndo a non realización de folgas. Con outras activistas antibelicistas, Zetkin organizou unha conferencia internacional de mulleres socialistas contrarias á guerra en [[Berlín]] en [[1915]].
 
[[Ficheiro:Zetkin Kollontaj Comintern.jpg|thumb|200px|right|[[Alexandra Kollontai]] (dereita da imaxe) seguida por Clara Zetkin, no II Congreso da Internacional Comunista, en 1921.]]
En 1916 Zetkin foi unha das cofundadoras da [[Liga Espartaquista]] e do [[Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña]] (USPD) que se escindiu do SPD en protesta pola súa posición a prol da guerra. En xaneiro de 1919, despois da [[Revolución alemá|Revolución alemá de novembro de 1918]], a Liga Espartaquista abandonou o seo do USPD para, canda outros grupos, forma-lo [[Partido Comunista de Alemaña]] (KPD); Zetkin representou o partido de 1920 a 1933 no ''[[Reichstag]]''. En 1920 entrevistou a [[Vladimir Lenin]] sobre a "cuestión feminina"<ref>[http://www.marxists.org/portugues/zetkin/1920/mes/lenin.htm Lênin e o Movimento Feminino], Arquivo Marxista en Internet {{pt}}.</ref>.
 
[[Ficheiro:Zetkin Kollontaj Comintern.jpg|thumb|200px|right|[[Alexandra Kollontai]] (dereita da imaxe) seguida por Clara Zetkin, no II Congreso da Internacional Comunista, en 1921.]]
Até 1924 Zetkin foi membro da oficina central do KPD, de 1927 a 1929 foino do comité central do partido. Foi membro, tamén, do comité executivo da [[Internacional Comunista]] (a Comintern ou III Internacional) de 1921 a 1933. En 1925 foi elixida presedenta da asociación ''[[Rote Hilfe]]'' (Axuda Vermella). En 1932, como presidenta do ''Reichstag'' ó se-lo membro de máis idade, fixo un chamamento para combate-lo [[nazismo]].
 
Cando [[Adolf Hitler]] tomou o poder, o Partido Comunista foi prohibido despois do [[incendio do Reichstag]] en 1933, polo que Zetkin viuse obrigada a se exiliar, desta vez á [[Unión Soviética]], onde finou en Arkhangelskoie, preto de [[Moscova]] o [[20 de xuño]] de [[1933]].
 
==Galería de imaxes==
<gallery>
Ficheiro:C Zetkin 1.jpg|Clara Zetkin.
Ficheiro:C Zetkin 2.jpg|
Ficheiro:Clara Zetkin Denkmal Dresden.jpg|Monumento en Dresden.
Ficheiro:Stamps of Germany (DDR) 1987, MiNr 3085.jpg|Selo da [[República Democrática Alemá]].
Ficheiro:10-Mark-1971.jpg|Billete de 10 marcos da RDA.
</gallery>
 
==Notas==