Aulë: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sz-iwbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pl:Valar#Aulë
arranxiños
Liña 8:
| alcuño = ''O ferreiro''<br/>''O Facedor''
| raza = [[Ainur]] ([[Valar]])
| sexo = [[Masculino]]<br/>(en aparienciaaparencia)
| nacido =
| falecido =
Liña 20:
 
== Traxectoria ==
Aulë o Ferreiro (do [[Valarin]] '''Aȝûlêz''') é un dos [[Valar]], os seres anxelicais que custodian e gobernan [[Arda]] (o mundo no universo de Tolkien). Aulë ten dominio sobre a materia que compón Arda e é o mestre de todas as artes que lle dan forma. Foi el quen creou os [[Anano (Terra Media)|Ananos]], que o coñecen como '''Mahal''', o Creador. Durante a [[Música dos Ainur]], os temas de Aulë atanguían as cousas físicas das que se compuña Arda, e cando [[Eru Ilúvatar|Ilúvatar]] ([[Deus]]) creou os temas dos [[Ainur]], a súa música converteuse nas terras da [[Terra Media]]. Entre as súas obras inclúense tamén Angainor (a cadea de [[Melkor]]), as [[Anos das Lámpadas|Dúas Lámpadas]] e os barcos que transportan o [[Sol]] e a [[Lúa]]. A súa esposa é [[Yavanna]], e o seu nome quere dicir ''invención'' en [[Quenya]].
 
Ao ser Aulë un ferreiro, é o Vala que máis se asemella a Melkor en poderes e pensamento<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Ainulindalë", páx. 19-20</ref>, xa que ambos se deleitan na elaboración de cousas enxeñosas e orixinais, e os dous crearon seres de seu. Pero mentres que Aulë se esforzaba para se manter fiel ao propósito orixinal da Música dos Ainur, e sometía toda a súa obra á vontade de Ilúvatar, Melkor desexaba controlar e corromper todas as cousas, e envexaba as creacións dos demais, polo que tentaba desfigurar ou destruír aquilo que facían. Tanto antes como despois da creación de Arda, existiu un longo conflito entre Aulë e Melkor. Porén, Aulë a miúdo opúxose ás tentativas de combater a Melkor, por medo do dano que se lle causaría a Arda.
 
Cando os [[Elfo]]s chegaron a [[Valinor]], os [[Noldor]] convertéronse nos alumnos de Aulë. [[Fëanor]] foi o seu mellor discípulo, que aprendeu del como crear xemas mediante artes xa esquecidas. Isto levaría en última instancia á creación dos [[Silmaril]]s, a meirande obra artesanal de Arda. Após a ''Fuxida dos Noldor'', os Elfos desta estirpe que voltaronvolveron a Valinor guiados por [[Finarfin]] chamáronse a si mesmos os ''Aulendur'', Seguidores de Aulë.
 
== Aulë e a creación dos Ananos ==
 
== Aulë e a creación dos Ananos ==
Desesperado por ter discípulos aos que poder transmitir os seus coñecementos, e negándose a agardar até a aparición dos [[Fillos de Ilúvatar]], Aulë creou a súa propia raza de seres, os [[Anano (Terra Media)|Ananos]]. Porén, non tiña unha idea clara do aspecto que terían os Fillos de Ilúvatar, e por mor do caos que provocara Melkor, Aulë fixo aos Ananos fortes, inquebrantábeis e non dispostos a ser dominados por outros, alén de plasmar neles algúns dos seus valores e desexos para a Terra Media. Con todo, Aulë non tiña o poder de outorgar vida independente ás súas creacións: só estaban animadas cando tiña o seu pensamento posto nelas.
 
Cando a súa obra estivo completa, Aulë comezou a ensinarlles aos Ananos a lingua que elaborara para eles, o [[Khuzdul]]. Entón Ilúvatar faloulle e preguntoulle por que tentaba sobrepasar os límites do seu poder e autoridade creando nova vida<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Quenta Silmarillion", páx. 48</ref>. Aulë arrepentiuse, respondendo que o impulso da creación espertara nel por obra de Ilúvatar, e que o único que desexaba eran outros seres aos que amar e instruír, cos cales puidese compartir a beleza do mundo. Admitiu que a súa impaciencia o empurrara á insensatez e someteu as súas creacións a Ilúvatar. Dando por feito que serían destruídas, dispúxose a esmagar os sete [[Pais dos Ananos]] cun grande martelo, chorando mentres o facía. Pero cando os Ananos xa se encollían temendo o golpe, Ilúvatar detivo a man de Aulë e fíxolle ver que aceptara a súa ofrenda dotando aos Ananos de espíritos de seu, posto que doutro xeito non poderían ter sentido medo.
 
Ilúvatar aceptounos como fillos adoptivos, mais como estebeleceraestablecera que a raza primoxénita serían os Elfos, sumiu os Ananos nun letargo até o [[Espertar dos Elfos]]. Tamén lle dixo a Aulë que aínda que tanto Elfos como Ananos eran fillos seus, a creación destes últimos non estivera prevista na Música dos Ainur, e que a miúdo xurdirían conflitos entre as dúas razas, a medida que se desenvolvesen os acontecementos do mundo.
 
Os Ananos cren que logo de morreren, os seus espíritos viaxan a unha estancias que Aulë preparou especialmente para eles, e que será tarefa súa reconstruíren Arda após a [[Dagor Dagorath|Batalla Final]] que aínda está por vir.
 
== Maiar asociados con Aulë ==
 
Varios dos [[Maiar]] estiveron asociados con Aulë: [[Sauron]], antes de ser corrompido por Melkor; e [[Saruman|Curumo]] (Saruman), que máis tarde viaxou á Terra Media como un dos [[Mago (Terra Media)|Istari]] para loitar contra Sauron. Sauron encontrábase entre os máis poderosos, se non o máis poderoso, dos Maiar que serviron a Aulë. Empregou os seus coñecementos sobre a estrutura metafísica de Arda con grandes consecuencias, como servo de [[Morgoth]] durante a [[Primeira Idade]], e máis adiante como o seu propio amo, na [[Segunda Idade|Segunda]] e [[Terceira Idade (Tolkien)|Terceira]] Idades da Terra Media. Cando Sauron tentou corromper os Elfos na Segunda Idade, un dos nomes que adoptou foi Aulendil, que significa ''acólito de Aulë''.
 
==ReferenciasNotas==
{{Listarefreferencias}}
 
{{Ainur}}