Enrique Pla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Modificado: sl:Enrique Plá y Deniel
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 2:
'''Enrique Plá Deniel''' ([[Barcelona]] [[1876]] - [[Toledo]] [[1968]]) foi un eclesiástico [[España|español]].
 
Estudou filosofía, teoloxía e dereito canónico. Ordenouse en [[1900]] en Barcelona, foi profesor do Seminario de Barcelona, bispo de [[Ávila]] entre 1918 e 1935. Presidente de [[Acción Católica]], foi un dos impulsores de [[Acción Popular]]. Nomeado bispo de [[Salamanca]] en 1935, tras a sublevación contra a [[Segunda República Española|República]] cedeu a Franco o seu palacio episcopal e escribiu a carta pastoral, ''Las dos ciudades'', onde xustificaba a rebelión de [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]], e que constituiuconstituíu a fundamentación teolóxica do que denominou ''Cruzada''.
 
En 1941, tras ser nomeado bispo de [[Toledo]], converteuse en primado de España e en 1946 o papa nomeouno cardeal. Procurador en Cortes e membro do Consello do Reino e do de Rexencia. En 1960 deu o seu apoio a membros de Acción Católica que reclamaban o seu dereito a participar en folgas e pouco tempo despois Plá dimitiu dos seus cargos políticos.