Filosofía da natureza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Texto traducido desde es:Filosofía de la naturaleza
Liña 1:
{{Sen referencias}}
{{Filosofía en progreso}}
 
A '''filosofía da natureza''', ás veces chamada '''filosofía natural''' ou '''cosmoloxía''' é o nome que recibiu a rama da [[ciencia]] que hoxe coñecemos como [[física]] ata mediados do [[século XIX]]. Así, o coñecido tratado de [[Isaac Newton]], ''[[Philosophiae Naturalis Principia Mathematica]]'' debería entenderse como ''Principios Matemáticos da Física''.
 
== Na Idade Antiga ==
A '''Filosofía da natureza''' é a parte da [[filosofía]] que se ocupa do estudo dos problemas [[metafísica|metafísicos]] suscitados polos [[ser (filosofía)|seres materiais]].
 
Os primeiros [[Filosofía grega|filósofos gregos]] estudaron a [[natureza]] (''physis'') trataron de establecer a orixe e a constitución dos seres naturais. As súas conclusións serviron de base ás teorías científicas desenvolvidas no noso tempo.
 
Os filósofos gregos entendían a natureza como unha substancia permanente e primordial que se mantén a través dos cambios que sofren os seres naturais.
 
O título de "filósofos da natureza" pódeselle adxudicar aos filósofos [[presocráticos]] quen se interesaron polo problema cosmolóxico, é dicir pola orixe do mundo, e trataron de dar resposta aos seus interrogantes partindo de obxectos concretos da natureza aos que chamaron [[Arché]] (principio). Por exemplo, [[Tales de Mileto]] identificou a orixe do cosmos na [[auga]]. Os filósofos presocráticos caracterizáronse por identificar a orixe da natureza noutras cousas naturais, como a auga, o aire, o lume, etc. Unha excepción foi [[Anaximándro]], discípulo de Tales, quen atopou a orixe da natureza en ''lo apeiron'' (o indeterminado).
 
== Na Idade Media ==
 
O desenvolvemento das novas concepcións racionais, leva un novo concepto da [[maxia]], non hai unha liña divisoria clara entre unha imaxe científica e unha imaxe máxica, aínda que aos poucos entre ambas dan un novo concepto de mundo. Consideramos maxia aquilo que aínda non coñecemos, cando se alcanza [[coñecemento científico]] descóbrese que aquela maxia non é máis que coñecemento vulgar, intenta atopar claramente a distinción entre coñecemento e maxia. A maxia é unha actividade práctica que transforma a natureza ao inserirse no xogo das súas leis mediante recursos técnicos. É un interese que busca a clave escondida da natureza e que esta latexando, e representa a capacidade do home de destacar o seu sinal na natureza, dominio da natureza, convértese en algo expósito.
 
A tendencia foi de reducir a maxia á ciencia, pero non seria adecuado interpretar a este proceso como lineal, sinxelo e directo. Foi máis ben un proceso de ida e volta, con vaivéns. É importante destacar os textos [[Hermetismo|herméticos]]. Na Idade Media o mago é tido como [[demo]], alguén que vai en contra do mundo perfecto, é aquel que se sae da orde do racional, baséase máis na [[experiencia]] e a experiencia é un sinsentido irracional. A experiencia está por baixo da razón, e polo tanto é condenable. A [[teoloxía]] representa a orde da razón, o que esta máis aló rompeu a barreira da orde establecida. A maxia representaba que todas as cousas non estaban baixo a orde de [[Deus]], hai unha certa relación de influencia mutua.
 
A natureza é concibida como [[Ser vivo|organismo]] universal, autosuficiente, un sistema unificado de forzas omnipresentes animado por un alma cósmica na que a distinción entre o vivo (o espírito), e o non vivo (a materia), perde o seu significado. Todo está vivo, o universo está vivo, as cousas nese organismo non ocorren porque algún ser non natural interveña nel.
 
== Na Idade Moderna ==
 
O século XVI é un século de grandes avances en [[botánica]] e demais [[ciencias naturais]]. Ademais, os [[europeos]] chegan a [[América]].
 
A filosofía da natureza atópase entre o [[Renacemento]] e o desenvolvemento científico posterior. Os pensadores desta época nin son científicos, nin humanistas, senón que están no medio, mesturando un pouco de todo, algunhas veces privilexiando a especulación, outras veces a experimentación. Ao comezo do século XVI, o cambio de mentalidade debido á [[reforma protestante]] inflúe neles. Cun novo sentimento de superioridade, os filósofos da natureza rompen coa tradición aristotélica.
 
Aos poucos vai xurdindo unha nova concepción do mundo, do home, unha nova idea universal. Os [[artista]]s adquiren un peso específico, porque son construtores de instrumentos, son experimentadores.
 
== Principais filósofos da natureza ==
{{col-begin}}
{{col-3}}
* [[Stephen Hawking|Stephen William Hawking]]
* [[Albert Einstein]]
* [[Ernest Rutherford]]
* [[Niels Bohr]]
* [[Joseph John Thomson]]
* [[John Dalton]]
* [[Werner Heisenberg|Werner Karl Heisenberg]]
* [[Gregor Mendel|Gregor Johann Mendel]]
* [[Charles Darwin]]
* [[Jean-Baptiste Lamarck]]
* [[Michael Faraday]]
{{col-break}}
* [[Antoine Lavoisier|Antoine-Laurent de Lavoisier]]
* [[Isaac Newton]]
* [[Robert Hooke]]
* [[René Descartes]]
* [[Johannes Kepler]]
* [[Galileo Galilei]]
* [[Nicolás Copérnico]]
* [[Gerolamo Cardano]]
* [[Paracelso]]
* [[Bernardino Telesio]]
* [[Tommaso Campanella]]
{{col-break}}
* [[Leonardo da Vinci]]
* [[Giordano Bruno]]
* [[Claudio Ptolomeo]]
* [[Aristóteles]]
* [[Platón]]
* [[Heráclito]]
* [[Anaxímenes]]
* [[Anaximandro]]
* [[Demócrito]]
* [[Pitágoras]]
{{col-end}}
 
== Véxase tamén ==
* [[Historia]]
* [[Filosofía Natural na Idade Moderna]]
 
[[Categoría:Filosofía]]