Diego Martínez Barrio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int e cat
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
De procedencia humilde, pois era fillo dun albanel e unha vendedora de mercado, comezou a súa vida política no [[anarquismo]] e despois moderou as súas ideas, converténdose nun dos animadores do republicanismo local, concelleiro en Sevilla e membro do [[Partido Republicano Radical]]. Participou no Comité Revolucionario ([[1930]]) e foi ministro de comunicacións no goberno provisorio tras proclamarse a [[II República española]] (14 de abril-15 de decembro de 1931), e voceiro da minoría radical no Congreso dos Deputados. Tras entrar en crise o goberno Azaña, foi ministro de Gobernación no primeiro goberno de [[Alejandro Lerroux]], apenas un mes, xa que o [[9 de outubro]] de 1933 foi nomeado presidente do Consello de Ministros coa única intención de convocar eleccións, que lle deron a vitoria ao centro dereita e Martínez Barrio pasou a ocuparse do Ministerio da Guerra (16 de decembro de 1933 - 28 de abril de 1934). Enfrontado coa política reaccionaria de Lerroux, abandonou o partido, fundando [[Unión Republicana (España 1934)|Unión Republicana]].
 
Posteriormente, integrada a Unión Republicana na [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]], Martínez Barrio foi elixido Presidente das Cortes e exerceu de forma interina como Presidente da [[Segunda República Española]], no período comprendido entre o [[7 de abril]] e o [[10 de maio]] de [[1936]], con motivo da destitución de [[Niceto Alcalá-Zamora]].
Liña 9:
 
Tras a caída da República exíliase, primeiro a [[Francia]], e foi presidente interino da República tras a renuncia de Azaña, o 27 de febreiro de 1939. Posteriormente pasou a [[México]], onde en [[1945]] foi designado Presidente da [[República española no exilio|República no exilio]] ata a súa morte. Finalmente volve a París, onde morre. Trinta e oito anos máis tarde, no [[2000]], os seu restos serían trasladados a Sevilla, a súa cidade natal.
 
 
{{Presidentes do Goberno da II República}}
Liña 14 ⟶ 15:
{{DEFAULTSORT:Martinez Barrio, Diego}}
[[Categoría:Políticos de España]]
[[Categoría:Ministros de España]]
[[Categoría:Deputados nas Cortes da II República]]